Buscar neste blog

luns, 20 de febreiro de 2023

A NATUREZA EN ROSALÍA.

 A natureza é un dos elementos máis descritos na poesía. E na obra de Rosalía non ía ser menos, nos seus poemas abundan as descricións da natureza, sobre todo a descrición de paisaxes, moitas veces relacionado co seu estado anímico. Algunhas veces proxecta o seu estado de ánimo sobre a natureza e outras veces úsaos como contraste dos seus sentimentos.

No seu primeiro libro, A Flor, Rosalía mostra o seu amor pola natureza, describindo as paisaxes de Galicia dunha forma algo artificial, moi característico do seu estilo literario. Ademais, Rosalía, utiliza moito as descricións dos piñeirais e os carballos e outras especies de árbores. Con todo, as súas árbores favoritas son o carballo e a aciñeira que simbolizan o pasado glorioso de Galicia. E sente a talla das árbores como a mutilación.

Rosalía adoita empregar os animais polo seu valor simbólico ou suxerido, os corvos suxiren a desolación dos montes pelados, o ouveo do lobo que acentúa a soidade dos montes. O gorrión adusto, as cabras montesas e o can sen dono indican o carácter agreste e solitario do camiño evocado.


Como este ano estamos co proxecto do coidado do medio ambiente construiremos coa técnica de papiroflexia árbores de diferentes cores. 

Logo, os nenos escribirán en cada árbore un verso dun poema de Rosalía que trate sobre o tema ambiental, a paisaxe, a natureza, os ríos, as plantas, os animais,..., como por exemplo: "Dicen que no hablan las plantas".

Entre todos construiremos un mural colorido coas árbores e os versos de Rosalía.


Traballo que realizaremos na HORA DE BIBLIOTECA. Atoparemos alí o material para crear as árbores, os libros dos poemas de Rosalía, os ordenadores de consulta,... para poder levar a cabo esta actividade.


ÁRBOL DE PAPEL CON ORIGAMI

ÁRBOL DE ORIGAMI


Un saúdo, A Vaca Pepa.


Ningún comentario: