Buscar neste blog

mércores, 24 de setembro de 2025

CONVOCATORIA AXUDANTES DE BIBLIOTECA

 

🐮 Convocatoria para ser Axudante de Biblioteca 🐮

Atención, alumnado de 6º de Primaria!

Xa temos aquí a convocatoria para cubrir as vacantes dos axudantes de biblioteca deste curso. 



Se che gusta ler, organizar libros, axudar aos compañeiros e formar parte dun equipo especial… esta é a túa oportunidade!

📝 Como participar:
Todo o alumnado de 6º de Primaria que presente a súa solicitude será incluído nos equipos de axudantes de biblioteca.
O prazo para entregar as solicitudes remata o 3 de outubro.

📚 Sesión de dinamización:
Antes de comezar, teredes unha sesión especial a cargo da responsable da biblioteca e das tutoras de 6º, onde coñeceredes os segredos e o funcionamento dunha biblioteca escolar. Así poderedes vivir a experiencia con máis ilusión e preparación.

💡 Por que ser axudante de biblioteca?

  • Axudarás a manter a biblioteca ordenada e acolledora.

  • Coñecerás mellor os libros e os servizos.

  • Colaborarás en actividades e eventos lectores.

  • Vivirás de preto o mundo da lectura e poderás compartir o teu entusiasmo co resto do alumnado.

💬 Mensaxe de Pepa, a nosa mascota:
“Estou desexando coñecer o novo equipo de axudantes de biblioteca. Grazas a vós, a nosa biblioteca será aínda máis divertida e acolledora. Conto convosco!” 🐮

Anímate a participar! Esperamos que gocedes desta experiencia e que vivades o mundo da biblioteca con ilusión e agarimo.

A Vaca Pepa 🐮

venres, 19 de setembro de 2025

🧠🚶‍♀️ OS CAMIÑOS DA MEMORIA 🧠🚶‍♀️

O Centro de Día conmemorou o Día Mundial do Alzheimer coa andaina “Os Camiños da Memoria”, unha actividade na que participaron arredor de 150 persoas.

Nesta xornada, organizada en colaboración co Concello da Pobra do Caramiñal, tomaron parte as persoas usuarias do centro, as súas familias e o persoal da instalación. Ademais, tamén participou o alumnado de 4º de Primaria do noso cole, compartindo unha experiencia moi enriquecedora. 👥

👉🏼 A iniciativa tiña un dobre obxectivo:
✅ Sensibilizar e concienciar sobre o Alzheimer
✅ Poñer en valor o papel dos coidadores e familiares

🐮✨ Unha actividade chea de significado que nos axuda a aprender, compartir e medrar en valores como o respecto, a empatía e o coidado das persoas.



luns, 8 de setembro de 2025

LEMBRAMOS AS NORMAS DA BIBLIOTECA

Ola a todos e todas! 

Son Pepa, a vaca da biblioteca, e quero lembrarvos algo moi importante: para que a nosa biblioteca sexa un lugar agradable para ler, xogar e compartir, todos debemos cumprir unhas pequenas normas.

🤫 Falamos baixiño para non molestar a quen está lendo.
📖 Coidamos os libros e deixámolos no seu sitio cando rematamos.
💞 Compartimos os xogos e tratamos o material con respecto.
😊 E, sobre todo… tratámonos con amabilidade!

Se todos poñemos o noso gran de area, a biblioteca será un espazo cheo de bo ambiente, ilusión e lectura.
Grazas por axudarme a coidala! 🐮💛

normas da biblioteca 



BENVIDOS E BENVIDAS A NOSA BIBLIOTECA.

 🐮 Ola! Son Pepa, a vaca da biblioteca 🐮

Muuuuu! 

Estou moi contenta de volvervos a ver. Comeza un novo curso cheo de historias, xogos e sorpresas. Agardo por todos vós na biblioteca do cole para ler, xogar e pasalo xenial. 📚✨

Na nosa biblioteca poderedes:

  • Ler libremente eses libros que máis vos gustan.
  • Xogar a xogos de mesa cos vosos compañeiros e compañeiras nos recreos.
  • Participar en actividades e talleres sobre lectura e creatividade.



Xa sabedes: Pepa, a vaca da biblioteca, agarda por vós coas portas abertas e as estanterías cheas de historias.

¡Vinde, explorade, xogade e desfrutade! 🐮📚💫


Unha aperta moooooooi grande!

A Vaca Pepa 🐄