CHEGAMOS AO FINAL DOS RETOS!!!
Neste último, EMBAIXADORES/AS DO VIDRO, necesitamos que:
- Cada neno/a traia da súa casa un botellín de vidro da cor que teñan (tamaño botellín de auga pequena…) para decorar o espazo que estamos creando de plantas aromáticas.
- En cada aula garden e contabilicen os envases de vidro que vaian traendo para reciclar no iglú de Disney que agardamos recibir antes de rematar o curso.
- Elixir dous embaixadores/as por aula (un neno e unha nena) que repartirán pegatinas: aos seus veciñ@s, familiares, en tendas… para continuar coa concienciación do reciclado do vidro.
- Ademáis, todos aqueles que queiran, poden decorar na casa botes ou botellas de vidro para facer unha exposición no mes de xuño.
Con esta actividade o que pretendemos é que o alumnado como “EMBAIXADORES/AS DO VIDRO” sexan conscientes de que ademáis de poder reciclar o vidro en contedores tamén poden darlle unha segunda vida.
Un saúdo, A Vaca Pepa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario