Como antesala ao Día Mundial Sen Tabaco que se conmemora no 31 de maio, o alumnado de 5º e 6º de primaria asistiu a charlas impartidas polo Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia.
Charla promovida polo Concello.
Promóvese esta acción un ano máis para concienciar ás novas xeracións sobre a problemática que ocasiona o tabaco na saúde bucodental, ademais da problemática dunha alimentación que abuse do consumo de azucre.
Un saúdo, a Vaca Pepa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario