Prepárate para unha aventura moi especial!
Na biblioteca traemos un Escape Room interactivo de temática do Nadal no que terás que usar a túa lóxica, atención e espírito de equipo.
🧩 Algo estraño aconteceu no taller de Papá Noel…
Os elfos necesitan axuda para descubrir que pasou. Para iso deberás resolver enigmas, superar desafíos e recoller pistas ata dar coa solución do misterio.
🎁 Un xogo cheo de maxia, suspense e diversión, perfecto para poñer a proba a túa capacidade de pensar, colaborar e non renderte nunca.
🐮✨ A Vaca Pepa xa está preparada para xogar…
¿Atréveste a axudar aos elfos e salvar o Nadal?
.png)