Buscar neste blog

venres, 21 de novembro de 2025

✊ SEMANA CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS 🟣

Esta semana, previamente ao 25N, o alumnado do noso colexio participa nunha serie de actividades lúdicas de concienciación, ofrecidas polo Concello.

O obxectivo destas actividades é:

  • Fomentar o respecto e a igualdade entre todos e todas 💜
  • Reflexionar sobre as distintas formas de violencia machista e como podemos combatelas na vida cotiá 🛑
  • Traballar en grupo e de maneira divertida, aprendendo xogando 🎲🤝

Unha iniciativa importante para que o alumnado coñeza, reflexione e actúe a favor dunha sociedade máis xusta e igualitaria. 💫



🎭 TEATRO DE MONICREQUES: "A CABEZA DO DRAGÓN" 🐉

O alumnado de 3º de primaria tivo unha mañá máxica no colexio! ✨

O Concello propón unha actividade moi especial: o teatro de monicreques “A Cabeza do Dragón”, inspirado na obra de Ramón María del Valle-Inclán.

📍 Lugar: Ximnasio do colexio
🎯 Para quen: 3º de primaria

Con esta representación, os nenos e nenas poderán:

  • Descubrir a historia do dragón de maneira divertida e visual 🐲
  • Fomentar a imaxinación e o gusto pola lectura e o teatro 📚🎭
  • Disfrutar dunha actividade cultural sen saír do colexio 👏

Non vos perdades esta aventura de monicreques! Será unha mañá inesquecible chea de risas, sorpresas e moita diversión. 🌟



luns, 17 de novembro de 2025

📚🎤 CONTACONTOS CON PACO NOGUEIRAS 📚🎤

O alumnado de 1º e 2º de Primaria gozou dunha actividade moi especial: un contacontos a cargo de Paco Nogueiras, da editorial Kalandraka.

Durante a sesión, as historias, a música e a participación do alumnado fixeron que a biblioteca se enchese de imaxinación, risas e moita ilusión. 🎶📖

🐮✨ Un encontro moi divertido e enriquecedor que achega aos máis pequenos ao mundo dos libros dun xeito dinámico e inesquecible.

Grazas por facernos vivir a maxia dos contos! ✨



venres, 14 de novembro de 2025

🚌🌿 EXCURSIÓN AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL🚌🌿

O alumnado do 1º Ciclo de Primaria realizou unha saída moi especial ao Museo de Historia Natural de Santiago de Compostela.

Durante a visita, puideron descubrir de preto o mundo da natureza, observando diferentes especies, coñecendo curiosidades sobre os seres vivos e aprendendo dun xeito práctico e divertido. 🌍🔍

🐮✨ Foi unha xornada chea de aprendizaxe, descubrimentos e ilusión, na que o alumnado gozou moito explorando e facendo preguntas como verdadeiros científicos e científicas.

Sen dúbida, unha experiencia moi enriquecedora para seguir aprendendo máis alá da aula.



venres, 7 de novembro de 2025

🌰 CELEBRAMOS O MAGOSTO NO COLE!🔥

Hoxe foi un día moi especial no noso colexio… celebramos o Magosto! 🍁
Os nenos e nenas gozaron dunha xornada chea de xogos populares e diversión, grazas á colaboración do ANPA, que organizou unha estupenda sesión de xogos para todos. 🎯🤹

Ao final do día, non puido faltar o momento máis esperado: a degustación das castañas asadas! 🌰🔥
Este ano, ademais, contamos coa presenza das familias, que nos acompañaron para compartir este momento tan bonito e tradicional. 💛

Foi unha xornada chea de bo ambiente, sorrisos e espírito de convivencia, tal e como se celebra o Magosto nas mellores festas do outono.

👏 Grazas ao ANPA, ás familias e a todo o alumnado por facer desta celebración un día tan especial.

Viva o Magosto no cole! 🎉



xoves, 6 de novembro de 2025

🔥 A BUSCA DAS CASTAÑAS PERDIDAS. 🔥

Escape Room do Magosto na Biblioteca da Vaca Pepa

O outono chegou á nosa escola cheo de cores, de follas e… de misterios! 🌰🍁
Este ano, desde a Biblioteca da Vaca Pepa, quixemos celebrar o Magosto dunha maneira diferente, divertida e chea de maxia.

Así naceu o noso Escape Room dixital: “A busca das castañas perdidas”, unha aventura interactiva creada para o alumnado de 1º e 2º de Primaria (6–8 anos).

Desde a nosa biblioteca seguimos apostando por proxectos creativos que mesturen lectura, cultura e novas tecnoloxías, facendo que cada celebración escolar se converta nunha oportunidade para aprender xogando.


mércores, 5 de novembro de 2025

🍄 UNHA MAÑÁ MOI MICOLÓXICA EN 4º! 🌿

Hoxe o alumnado de 4º de Primaria gozou dunha estupenda actividade sobre micoloxía, organizada polo Servizo de Medioambiente do Concello e a Asociación Medioambiental Amabul. 👏

A través dos talleres micófilos, os nenos e nenas aprenderon un montón de cousas sobre o fascinante mundo dos fungos: as súas formas, cores, cheiros e funcións na natureza.

Foi unha experiencia moi divertida e educativa, na que traballaron cos cinco sentidos para descubrir os segredos do bosque e valorar a importancia de coidar o medio que nos rodea. 🍁👃👁️👂✋

💚 Grazas ao Concello e á asociación Amabul por esta actividade tan enriquecedora!




martes, 4 de novembro de 2025

💜 A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES: LER, PENSAR E XOGAR POLA IGUALDADE. 💜

 Nas horas de biblioteca propoñemos unha nova lectura moi especial:

🦧 A historia dos bonobos con lentes, de Adela Turin e Nella Bosnia.



Neste conto, as bonobas deciden cambiar a súa vida e buscar un mundo máis xusto, facendo reflexionar sobre o respecto, a igualdade e a convivencia. Unha historia divertida e chea de cor que nos axuda a pensar que outro mundo é posible. 🌿

Para acompañar a lectura, preparamos un xogo interactivo onde o alumnado poderá descubrir a historia a través de actividades de comprensión, xogos de palabras e retos sobre as actitudes igualitarias.

Unha proposta para aprender lendo e xogando, coas cores e valores do 25N.



💜 EXPOSICIÓN POLA IGUALDADE NA NOSA BIBLIOTECA 📚

 Esta mes, na nosa biblioteca escolar, atoparedes unha pequena exposición pola igualdade na que poderedes descubrir libros moi especiais que nos axudan a reflexionar e aprender a respectar aos demais.

Entre eles atoparedes historias que falan de:
✨ O respecto ás persoas e á diversidade.
✨ A igualdade de xénero e a importancia de tratar a todos por igual.
✨ A figura da muller en diferentes ámbitos da vida e da historia.

Animámosvos a visitar a biblioteca, descubrir estas lecturas e aproveitar os libros para aprender a convivir dende o respecto e a empatía.



📲 Ademais, na plataforma E-LBE2 tamén podedes atopar contos e lecturas dixitais para seguir traballando temas como a violencia de xénero, o bo trato entre iguais ou historias que nos axudan a entender o mundo.



💜 Ler tamén é un xeito de cambiar o mundo.

💜 25N: CONTOS PARA EDUCAR NA IGUALDADE E NO BO TRATO 📚

 Desde a Biblioteca Escolar queremos compartir convosco unha selección de contos para traballar arredor desta data tan significativa, o 25 de novembro.

Estes libros axúdannos a reflexionar sobre a igualdade, o respecto, a empatía e o bo trato, valores que debemos cultivar todos os días do ano, non só nesta data. 🌈

📚 A proposta do Equipo de Biblioteca é que, ao longo deste mes, traballemos este tema na hora de lectura, aproveitando estas historias para dialogar, compartir ideas e aprender xuntos.

📖 Algúns destes contos xa están dispoñibles na biblioteca, e os que aínda non o están… chegarán moi pronto!

Sabemos que hai moitas máis historias fermosas para abordar este tema, pero esta é a nosa pequena proposta inicial para seguir aprendendo xuntos. 💫

🟣 A coeducación e o bo trato son tarefas de cada día… tamén dende os contos!


luns, 3 de novembro de 2025

📚 XA TEMOS OS NOVOS AXUDANTES DE BIBLIOTECA! 🎉

Estamos moi contentos de anunciar que xa temos formada a nova equipa de axudantes da biblioteca deste curso. 🙌


O alumnado de 6º de Primaria presentou as súas solicitudes con moita ilusión, e agora comeza unha etapa chea de aprendizaxes, colaboración e compromiso coa nosa biblioteca escolar.

Os novos axudantes axudarán nas tarefas de organización, nos préstamos, nas actividades lectoras e, sobre todo, en facer da biblioteca un lugar vivo, acolledor e cheo de maxia. 💫

📖 Desde aquí queremos agradecer a todos e todas pola súa participación e dar a benvida oficial ao equipo de axudantes.
Estamos seguros de que faremos un gran traballo xuntos! 🐮💜

sábado, 1 de novembro de 2025

🍁📚 NOVIDADES DE NOVEMBRO NA BIBLIOTECA! 🎉

Chega novembro cargadiño de lecturas novas e divertidas aventuras!

Na nosa biblioteca atoparedes unha morea de novidades para todos os gustos:

📖 Narrativa e ficción para deixar voar a imaxinación.
📚 Poesía para emocionarse con palabras cheas de ritmo e sentimento.
🎨 Libros ilustrados que son auténticas xoias visuais.
💥 Cómics para rir, soñar e vivir mil historias en viñetas.
🌍 Libros temáticos e informativos para aprender cousas sorprendentes sobre o mundo que nos rodea.
🎲 E tamén... novos xogos de mesa para compartir momentos divertidos nos recreos!

💫 Achegádevos á biblioteca e descubrídeas todas. Hai historias que vos agardan entre as páxinas... e outras que farán voar a vosa curiosidade!

🐮 A vaca Pepa xa está a escoller a súa favorita... ¿e ti, cal probarás primeiro? 😉