O 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
O obxectivo desta celebración é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.
O alumnado de terceiro puido gozar dunha actividade de concienciación sobre a discapacidade, acompañados dos nosos maiores. (Centro de día dá Pobra).
Pasaron un momento lúdico e emotivo no que tanto pequenos como maiores gozaron xuntos.
A Vaca Pepa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario