Buscar neste blog

mércores, 21 de xuño de 2023

FIN DE CURSO. CONCERTO DE "PAKOLAS"

 "Pakolas’ é o músico e narrador Paco Cerdeira, cun espectáculo co que percorre bibliotecas, centros de lectura, feiras do libro, e outros espazos como teatros, auditorios, ou centros sociais.

E nós tivemos a sorte de telo connosco o último día de clase.

Este acto daba por finalizado un proxecto levado a cabo en todas as aulas a través da área de Música.

Tanto alumnos como profesores tiveron a oportunidade de bailar e gozar coas cancións que escoitaran  durante todo o  proxecto.


Un saúdo, A Vaca Pepa

DESPEDIDA E AGRADECEMENTO AOS NOSOS/AS AXUDANTES DE BIBLIOTECA.

No día de hoxe tivemos a despedida e agradecemento aos nosos axudantes, pola súa apreciada colaboración no día a día da nosa biblioteca.

Durante este curso 27 alumnos/as de 6.º foron Axudantes da biblioteca durante os recreos e numerosas actividades do centro.

Fixemos tres grupos asumindo as súas tarefas segundo o día que lles correspondía vir á biblioteca.. 

Dedicáronse a:

  • colocar libros nos andeis,
  • axudar aos pequenos na elección de libros,
  • reparar os fondos que se atopaban na “enfermería”,
  • levar os préstamos ás aulas,
  • ler textos aos pequenos nos recreos
  • representar contacontos aos máss pequenos…
Fixérono fenomenal e con moita ilusión, por eso entregámoslles un pequeno agasallo a final de curso.





Grazas a todos pola vosa colaboración 🙂
Un saúdo, A Vaca Pepa


DESCUBRIR O GALEGO MENTRES XOGAS.

Descubrir o galego mentres xogas: esta é a nova aplicación para mellorar o teu léxico.

Nova ferramenta da RAG e da Fundación Barrié que pretende axudar a fixar palabras, dándolles aos falantes máis seguridade e naturalidade.

Aprender e afianzar o léxico galego divertíndose e competindo. Este é o propósito do Ximnasio Léxico, a aplicación de xogos baseada no Dicionario da Real Academia Galega (RAG) que xa pode descargarse en todos os dispositivos móbiles de Android e iOS.



O obxectivo da aplicación é reforzar o vocabulario normativo no público de todas as idades.


Xoguemos co galego este verán!
Un saúdo, A Vaca Pepa


martes, 20 de xuño de 2023

TEATRO NO CINE ELMA.

O grupo "Gargallada teatro", formado por compañeiros/as do noso cole, presentáronnos a obra "Charlie e a fábrica de chocolate".

Xa sabiamos que tiñamos uns actores incribles entre nós, pero sempre nos sorprenden. 

Darlle as grazas a todo o grupo de teatro por permitirnos gozar das súas obras unha vez máis.

E desexámoslles moita sorte na súa traxectoria.


Un saúdo, A Vaca Pepa

luns, 19 de xuño de 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS. VERÁN 2023

Este curso xa case rematou e aquí vos deixamos unhas recomendacións para que poidades gozar do verán lendo un bo libro...

FELICES VACACIÓNS!!


Un saúdo, A Vaca Pepa.

mércores, 24 de maio de 2023

CHARLA DE SAÚDE BUCODENTAL.

Como antesala ao Día Mundial Sen Tabaco que se conmemora no 31 de maio, o alumnado de 5º e 6º de  primaria asistiu a charlas impartidas polo Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia.

Charla promovida polo Concello.

Promóvese esta acción un ano máis para concienciar ás novas xeracións sobre a problemática que ocasiona o tabaco na saúde bucodental, ademais da problemática dunha alimentación que abuse do consumo de azucre.


Un saúdo, a Vaca Pepa.

luns, 22 de maio de 2023

RETO 8. EMBAIXADORES/AS DO VIDRO

 CHEGAMOS AO FINAL DOS RETOS!!!

Neste último, EMBAIXADORES/AS DO VIDRO, necesitamos que:

  • Cada neno/a traia da súa casa un botellín de vidro da cor que teñan (tamaño botellín de auga pequena…) para decorar o espazo que estamos creando de plantas aromáticas.
  • En cada aula garden e contabilicen os envases de vidro que vaian traendo para reciclar no iglú de Disney que agardamos recibir antes de rematar o curso.
  • Elixir dous embaixadores/as por aula (un neno e unha nena) que repartirán pegatinas: aos seus veciñ@s, familiares, en tendas… para continuar coa concienciación do reciclado do vidro.
  • Ademáis, todos aqueles que queiran, poden decorar na casa botes ou botellas de vidro para facer unha exposición no mes de xuño.

Con esta actividade o que pretendemos é que o alumnado como “EMBAIXADORES/AS DO VIDRO” sexan conscientes de que ademáis de poder reciclar o vidro en contedores tamén poden darlle unha segunda vida.



Un saúdo, A Vaca Pepa.