Buscar neste blog

venres, 5 de xuño de 2020

RESPECTO POLO MEDIOAMBIENTE

Quecemento global, cambio climático, desaparición dos polos… estes e outros termos relacionados co  medioambiente resoan cada vez máis forte na sociedade actual. Estes libros están pensados para educar a xeracións vindeiras a tomar conciencia sobre eles e sobre a necesidade de buscar solucións.

ANIMAIS EN PERIGO.



Sabías que moitos animais corren o perigo de desaparecer para sempre? Co fin de preservar o planeta, os lectores poden atravesar continentes, mares e océanos, descubrindo todas as especies afectadas propias de cada zona. Ademais, coñecerán máis información sobre cada animal e o motivo polo que está a se extinguir.


FERNANDO E O OSO POLAR.

O valor da amizade, a necesidade de compartir emocións, as relacións familiares, a responsabilidade e o coidado dos animais son algúns dos temas que expón este libro desde o humor e o entretemento protagonizado por Fernando e un oso polar que coñece no zoo.

TI PODES CAMBIAR O MUNDO.


Existen no mundo máis flamencos de plástico que flamencos de verdade e se xuntásemos todos os plásticos que hai nos océanos poderían dar a volta ao planeta máis de 4.000 veces. Estes datos arrepiantes forman parte desta guía repleta de información, ideas e actividades enfocadas a animar aos máis pequenos a introducir cambios nas súas vidas e achegar así o seu granito de area para salvar o planeta.

NON HAI PLANETA B.


Esta é a historia de Gaia, unha nena preocupada pola Terra que acode á súa avoa en busca de axuda. Xuntas, desde unha cabana máxica, viaxarán a lugares remotos e descubrirán as historias daqueles pobos que se enfrontaron á crise climática e cambiaron o seu modo de vida.

CONTOS PARA NENOS E NENAS QUE QUEREN SALVAR O MUNDO.


O obxectivo principal deste libro é espertar a conciencia ecolóxica e o compromiso co  medioambiente en nenos e nenas de todas as idades.

OSO POLAR, SABES POR QUE SE DERRETIRÁ O TEU MUNDO?


O xeo do Ártico é máis importante do que pensamos: os osos polares necesítano para sobrevivir e o planeta para manterse fresco. Entón, por que se está  derritiendo a pasos axigantados? Dirixíndose directamente ao oso polar, o autor explica por que chegamos a esta situación e achega claves para tentar frealo e axudar, así, á Terra.

Un saúdo, A Vaca Pepa.

Ningún comentario: