Buscar neste blog

xoves, 19 de marzo de 2020

21 DE MARZO. DÍA MUNDIAL DA POESÍA.

No ano 1999, en París, a Conferencia Xeral da UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) decidiu proclamar o día 21 de marzo, como Día Mundial da Poesía.

Dende o ensino debemos crear unha imaxe atractiva da poesía para que non se considere unha forma anticuada de arte, senón unha canle de expresión que permita ás comunidades transmitir os seus valores e a súa identidade.

A poesía axúdanos no desenvolvemento da sensibilidade, a mirar o mundo con outros ollos ...

Este ano traballaremos a poesía dende a música, aquí poderedes atopar poemas feitos cancións:

Este ano cantaremos e bailaremos todos xuntos na casa. Ánimo!  #euquedonacasa


Rosalía pequeniña é o título libro-disco de Uxía na Editorial Galaxia.
"Maio longo", "Como chove miudiño", "Has de cantar", "Paseniño", "Miña santiña, miña santasa" ou "Alborada" son algúns dos poemas rosalianos que se recollen neste libro.




E tamén o poema "Cántiga" de M. Curros Enríquez   "Unha noite na eira do trigo" na versión de Uxía.





Uxía Lambona e a Banda Molona acheganlles aos nenos temas tradicionais galegos dunha forma nova e atractiva, utilizando para iso novos estilos musicais (ska, rock, hip-hop…) para que así coñezan e manteñan a nosa música tradicional popular .








Migallas Teatro reúne  cancións infantís e versións de temas tradicionais que interpreta nos seus espectáculos e actividades de expresión dramática.









A canción "O abecedario", con letra e música de Magín Blanco, é para aprender o abecedario galego bailando e cantando.





A Familia María Fumaça presenta "A horta de Balbina" que ademais de traballar a poesía con esta canción sérvenos como recurso para o proxecto de  Aliménta- T Ben levado a cabo en distintas aulas do centro.





Arrolo de cuñas é un arrolo do libro-disco Non hai berce coma o colo. Esta obra presenta 15 arrolos, recollendo cantos de berce tradicionais do patrimonio oral e musical galego.





O grupo  Oviravai, non  seu  album   As Andanzas de Paio, cántannos Esa Granxa.




Estas son algunhas das cancións  molonas que podemos bailar e cantar todos xuntos. Animarvos.

Un saúdo, A Vaca Pepa.

Ningún comentario: