Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta COMUNIDAD. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta COMUNIDAD. Amosar todas as publicacións

venres, 15 de maio de 2026

🌿 CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS E FESTA DOS MAIOS 🎶💐

No noso centro vivimos unha xornada moi especial coa celebración das Letras Galegas, unha festa chea de tradición, música e convivencia. 💚

O alumnado participou na construción dun fermoso maio, enchendo o cole de flores, cor e ilusión. 🌼✨

Neste día tan significativo queremos destacar tamén dúas visitas moi especiais:

  • As persoas maiores do Centro de Día da localidade 👵🧓
  • Un numeroso grupo de alumnado do Instituto 🏫

Xuntos compartimos unha mañá inesquecible na que o noso alumnado e os convidados cantaron e bailaron arredor do maio, mantendo viva unha das tradicións máis bonitas da nosa cultura galega. 🎵🌿

Foi unha celebración chea de alegría, emoción e momentos compartidos entre distintas xeracións, demostrando unha vez máis a importancia de convivir, aprender e celebrar en comunidade. 💫


FACEBOOK DO COLE




luns, 27 de abril de 2026

🌍🏃‍♀️ XOGAMOS POLO MUNDO DESDE EDUCACIÓN FÍSICA 🌍🏃‍♀️

Este curso, o proxecto de centro lévanos a viaxar polos continentes, e desde a área de Educación Física tamén queremos poñer o noso gran de area.

Durante este último trimestre, o alumnado está a desfrutar de xogos tradicionais e populares de distintos continentes, descubrindo novas formas de xogar, moverse e relacionarse. 🌏🎲

A través destas propostas, buscamos que:
✨ Coñezan xogos doutros lugares do mundo
✨ Poidan practicalos de forma autónoma unha vez aprendidos
✨ Descubran semellanzas e diferenzas cos xogos que xa coñecen

🐮✨ Unha maneira divertida e activa de aprender cultura, compartir experiencias e entender que, aínda sendo diferentes… ¡tamén xogamos de forma moi parecida!

Porque xogar… tamén é viaxar! 🌍💫

venres, 24 de abril de 2026

🤝📚 APADRIÑAMENTO LECTOR: UNHA EXPERIENCIA INESQUECIBLE 🤝📚

Con motivo da celebración do Día do Libro, o alumnado de 5º de Primaria viviu unha xornada moi especial coa súa visita á EEI Fernández Varela.

O venres achegámonos para coñecer aos máis pequenos, que nos recibiron con grandes sorrisos, ilusión e moitas ganas de compartir. Amosáronnos a súa biblioteca e os seus sorprendentes ambientes de aprendizaxe, nos que traballan con liberdade para elixir, moverse e descubrir.

Organizámonos en pequenos grupos, mesturando maiores e pequenos, para comezar co máis importante: compartir contos. Os maiores leron as súas historias e, despois, os peques convertéronse en guías, ensinándolles os seus espazos, xogos e rutinas.

Houbo tempo tamén para merendar xuntos, xogar no patio, bailar, construír e conversar… creando momentos cheos de complicidade e alegría.

🐮✨ Foi unha experiencia preciosa e moi enriquecedora, que nos deixou grandes aprendizaxes e moitos recordos.

Queremos agradecer de corazón a invitación e o agarimo co que nos acolleron. 

Agora… prepararémonos para recibir aos máis pequenos no noso cole tan ben como eles o fixeron con nós. 💛

Porque compartir lecturas… é tamén compartir emocións. 📖✨

martes, 21 de abril de 2026

📚✨ Contacontos especial polo Día do Libro ✨📚

Con motivo da celebración do Día do Libro, mañá, mércores, o alumnado do noso centro desfrutará dun espectáculo de narración oral a cargo de Sole Felloza. 🤗

Sole Felloza é unha recoñecida narradora oral, actriz e creadora que leva anos facendo chegar a maxia das historias a nenos e nenas a través da palabra, o xogo e a imaxinación. 🎤📖

🐮✨ Queremos agradecer ao ANPA Bandaseca este agasallo tan especial para o noso alumnado, que poderá vivir unha experiencia chea de emocións, risas e contos inesquecibles.


Agardamos con moita ilusión esta actividade! 💛📚

venres, 17 de abril de 2026

📚🌟 SEMANA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA 🌟📚

A nosa biblioteca énchese de vida para celebrar a Semana do Libro cunha programación chea de actividades para toda a comunidade educativa.

📖🌳 “Ao aire, libro”
Se o tempo o permite, na hora de lectura, sairemos ao patio para gozar da lectura ao aire libre: baixo as árbores, en espazos tranquilos… deixando que a natureza acompañe as nosas historias.

🎤✨ Contacontos para todo o alumnado
Grazas ao ANPA, contaremos cunha sesión moi especial da man de Sole Felloza, que nos fará viaxar coas súas historias.

🤝📚 Apadriñamento lector
O alumnado de 5º de Primaria visitará a EEI Fernández Varela para compartir contos cos máis pequenos.

🎨📑 Taller de marcapáxinas
Durante toda a semana, nos recreos, realizaremos un obradoiro de marcapáxinas inspirados nos contos clásicos.

🎁📰 Agasallo da biblioteca
Para agradecer a vosa participación, repartiremos un tríptico con xogos e actividades: labirintos, sopas de letras, tres en raia, aforcado, sudokus e marcapáxinas para colorear.

🐮✨ Unha semana para ler, compartir e desfrutar dos libros en todos os recunchos do cole.

Animámosvos a participar e a vivir a lectura con ilusión! 📚💛

venres, 20 de marzo de 2026

💧 DÍA MUNDIAL DA AUGA EN 2º DE PRIMARIA 💧

O 22 de marzo celebramos o Día Mundial da Auga cunha actividade moi especial para o alumnado de 2º de primaria. 🌍💦

Desde Augas de Galicia, da depuradora de A Pobra, achegáronse ao cole para realizar un obradoiro práctico e divertido sobre a importancia de coidar o noso medio ambiente.

Durante a actividade, o alumnado aprendeu:

  • Que acontece coas augas que vertemos no medio ambiente ♻️
  • Como se depuran e se tratan para que volvan seguras á natureza 🏞️
  • A importancia de ser responsables co uso da auga no día a día 💧

Unha experiencia moi interesante e educativa, que combina aprendizaxe e concienciación ambiental desde pequenos. 🌟



luns, 23 de febreiro de 2026

📚 DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 🌸

Dentro da programación cultural semanal organizada polo Concello polo Día de Rosalía de Castro, celebrouse un acto no que asistiron 140 alumnos e alumnas dos colexios CEP Plurilingüe Pilar Maestú Sierra e CEP Plurilingüe Salustiano Rey Eiras.

Durante a cita, o alumnado puido disfrutar de:

  • Unha actuación musical do grupo 🎤 Xiada – A Pobra do Caramiñal
  • Recitais de poesía a cargo do propio alumnado de primaria ✍️
  • O tradicional reparto do “caldo de gloria”, compartindo un momento festivo 🍲

Unha mañá que destacou por promover a lectura, a cultura e a participación dos máis pequenos dentro dunha programación cultural do Concello. 💫



venres, 13 de febreiro de 2026

🖼️ VISITA Á EXPOSICIÓN "CASTELAO NA VILA DA AREA" 🖼️

O alumnado de 3º de primaria tivo a oportunidade de visitar a exposición de Che Tembra, titulada “Castelao na vila da area”.

O propio autor amosou á cativada as súas obras de ferro, explicando o proceso creativo e contándolles curiosidades das súas pezas. 🔨✨

📍 Lugar: Casa da Cultura da Pobra
💰 Entrada: de balde

Unha actividade enriquecedora que permitiu ao alumnado apreciar o arte en primeira persoa, coñecer a obra de Che Tembra e descubrir a relación con Castelao dunha forma próxima e divertida. 🎨



venres, 21 de novembro de 2025

✊ SEMANA CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS 🟣

Esta semana, previamente ao 25N, o alumnado do noso colexio participa nunha serie de actividades lúdicas de concienciación, ofrecidas polo Concello.

O obxectivo destas actividades é:

  • Fomentar o respecto e a igualdade entre todos e todas 💜
  • Reflexionar sobre as distintas formas de violencia machista e como podemos combatelas na vida cotiá 🛑
  • Traballar en grupo e de maneira divertida, aprendendo xogando 🎲🤝

Unha iniciativa importante para que o alumnado coñeza, reflexione e actúe a favor dunha sociedade máis xusta e igualitaria. 💫



venres, 14 de novembro de 2025

🚌🌿 EXCURSIÓN AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL🚌🌿

O alumnado do 1º Ciclo de Primaria realizou unha saída moi especial ao Museo de Historia Natural de Santiago de Compostela.

Durante a visita, puideron descubrir de preto o mundo da natureza, observando diferentes especies, coñecendo curiosidades sobre os seres vivos e aprendendo dun xeito práctico e divertido. 🌍🔍

🐮✨ Foi unha xornada chea de aprendizaxe, descubrimentos e ilusión, na que o alumnado gozou moito explorando e facendo preguntas como verdadeiros científicos e científicas.

Sen dúbida, unha experiencia moi enriquecedora para seguir aprendendo máis alá da aula.



xoves, 30 de outubro de 2025

🎃👻 SAMAÍN: CABAZAS CHEAS DE CREATIVIDADE🎃👻

O Samaín chegou ao noso cole… e fíxoo por todo o alto! 🎉

O alumnado, xunto coas súas familias, realizou un incrible traballo na elaboración das cabazas, enchendo os espazos de cor, imaxinación e moito espírito festivo.

🎃 Cabazas terroríficas, divertidas, orixinais…
✨ Un verdadeiro derroche de creatividade que non deixou a ninguén indiferente.

🐮✨ Desde a biblioteca queremos agradecer a participación e o esforzo de todos e todas, que fixeron desta actividade un momento tan especial.

Porque cando traballamos xuntos… ¡o resultado é espectacular! 👏🎃



venres, 17 de outubro de 2025

🌊♻️ LIMPEZA DE PRAIAS: PEQUENOS XESTOS, GRANDES CAMBIOS 🌊♻️

Hoxe, a rapazada do CEP Salustiano Rey Eiras participou nunha actividade moi especial: a XIV Limpeza Simultánea de praias.

Durante a xornada, recolleron case 20 kg de refugallos no areal de Lombiña-Cabío, unha praia recoñecida co distintivo de Bandeira Azul. 🌍

🐮✨ Un exemplo de compromiso, responsabilidade e coidado do noso entorno que nos fai sentir moi orgullosos.

Moitas grazas a todos e todas por colaborar! ♻️👏



venres, 19 de setembro de 2025

🧠🚶‍♀️ OS CAMIÑOS DA MEMORIA 🧠🚶‍♀️

O Centro de Día conmemorou o Día Mundial do Alzheimer coa andaina “Os Camiños da Memoria”, unha actividade na que participaron arredor de 150 persoas.

Nesta xornada, organizada en colaboración co Concello da Pobra do Caramiñal, tomaron parte as persoas usuarias do centro, as súas familias e o persoal da instalación. Ademais, tamén participou o alumnado de 4º de Primaria do noso cole, compartindo unha experiencia moi enriquecedora. 👥

👉🏼 A iniciativa tiña un dobre obxectivo:
✅ Sensibilizar e concienciar sobre o Alzheimer
✅ Poñer en valor o papel dos coidadores e familiares

🐮✨ Unha actividade chea de significado que nos axuda a aprender, compartir e medrar en valores como o respecto, a empatía e o coidado das persoas.