Muuu, muuuuu! 🐮💚
Boas, rapaces e rapazas!
Son eu, Vaca Pepa! Xa comezou un novo curso e estou moi contenta porque… a biblioteca volve abrir as súas portas!
Os libros xa están preparados, os xogos tamén e eu teño moitas ganas de volver vervos. 📚🎲
📖 Vémonos na biblioteca?
Durante os recreos, podedes vir á biblioteca para ler, xogar, descubrir libros ou simplemente pasar un bo anaco.
E lembrade que polas tardes, de martes a venres e de 16:00 a 18:00, a biblioteca tamén estará aberta para vós e para as vosas familias. 👨👩👧👦
E agora… unha cousiña importante! 👀
Este curso teredes que estar moi atentos e atentas ao blog da Vaca Pepa, porque aquí iremos contando as novidades e avisando de todas as actividades que se vaian preparando na biblioteca.
🤫 Hai cousas que xa están en marcha…
pero aínda non vos podo contar nada!
Así que pasade por aquí de cando en vez para non perdervos ningunha novidade.
A biblioteca espéravos! 🐮💚📚
Muuu, muuuuu!
Vaca Pepa
