Todos os nenos e nenas do centro fixeron unha marabillosa actuación rememorando a mellor música dos anos 1977-78. Mamma Mia, de ABBA, Daddy Cool, de Boney M, Greased Lightning, da película Grease, The Wall, de Pink Floyd, In the Navy, de Village People, I Need a Hero, de Bonnie Tyler, I Will Survive, de Gloria Gaynor, She Works Hard for the Money, de Donna Summer e Don't Stop Til You Get It, de Michael Jackson...
Esta vez contamos cuns presentadores moi especiais: Alumnos e alumnas da primeira promoción do noso centro.
Que máis podemos dicir???
Todo un luxo, grazas á Xefa de Actividades Extraescolares e Complementarias, a profe de música Chus Gómez Pedreira, e a o esforzo de todos vós. GRAZAS A TODOS E TODAS.
Aquí quedan os dous videos que recollen o festival.
Ningún comentario:
Publicar un comentario