Hoxe vivimos un momento moi especial no cole coa presentación oficial do himno “Bandaseca”. 🎤🎵
Despois do recreo, o autor do himno, Coke, xunto con Juan Ciego, acudiron ao centro para realizar unha presentación en directo diante de todo o alumnado. 👏✨
Foi unha actuación estupenda na que os nenos e nenas do colexio cantaron e corearon o himno con moita ilusión e entusiasmo. 💜🎶
Desde o centro queremos agradecerlles especialmente:
- O esforzo e a dedicación postos na creación do himno
- O seu traballo realizado de maneira desinteresada 🤝
- E a súa presenza no cole para compartir este momento tan especial con todos nós 🌟
Sen dúbida, unha xornada inesquecible chea de música, emoción e sentimento de comunidade. 🎼

Ningún comentario:
Publicar un comentario