Buscar neste blog

venres, 17 de outubro de 2025

🌊♻️ LIMPEZA DE PRAIAS: PEQUENOS XESTOS, GRANDES CAMBIOS 🌊♻️

Hoxe, a rapazada do CEP Salustiano Rey Eiras participou nunha actividade moi especial: a XIV Limpeza Simultánea de praias.

Durante a xornada, recolleron case 20 kg de refugallos no areal de Lombiña-Cabío, unha praia recoñecida co distintivo de Bandeira Azul. 🌍

🐮✨ Un exemplo de compromiso, responsabilidade e coidado do noso entorno que nos fai sentir moi orgullosos.

Moitas grazas a todos e todas por colaborar! ♻️👏



luns, 13 de outubro de 2025

BIBLIOTECA ESCOLAR + DESEÑO = VIAXE Á CREATIVIDADE

Un curso máis abrímoslle a porta á creatividade nas bibliotecas escolares, desta volta a través do deseño. O deseño que acompaña desde o inicio a comunicación escrita, que é orixe de tipografías, logotipos e páxinas, que consegue achegar a información da maneira máis impactante ou máis sutil. O deseño gráfico que atopamos desde a orixe dos tempos da escrita e que hoxe en día se espalla a través de aplicativos dixitais. Unha oportunidade para crear desde as bibliotecas do hoxe e do futuro, tecendo desde a nosa propia historia, coas referencias imprescidibles das editoriais Nós ou Castrelos, do Laboratorio de Formas e Ediciós do Castro… e de mestres do cartelismo como Xosé Vizoso. 

Propoñemos mirar os libros desde a súa orixe, coñecer o proceso da edición, da composición, da escolla de tipos, papeis, cubertas e encadernacións, da revisión da maqueta e da difusión… e coñecer as persoas que forman parte dese mundo da edición e do deseño gráfico. Deseño gráfico que tamén trascende do mundo do libro e está presente na publicidade, a prensa, as etiquetas, as marcas corporativas… e en tantos outros ámbitos da nosa vida cotiá.


venres, 10 de outubro de 2025

🧫 EXPOSICIÓN DE MAQUETAS SOBRE AS CÉLULAS! 🔬

 O alumnado de 6º de Primaria converteuse nestes días en auténticos científicos e científicas! 👩‍🔬👨‍🔬

Como resultado do seu traballo, prepararon unha fantástica exposición de maquetas das células animal e vexetal, nas que amosan todo o que aprenderon sobre a súa estrutura e función.

As maquetas están cheas de creatividade, detalle e moita imaxinación, e podedes visitalas na planta onde se atopan as aulas de sexto.

💡 Animámosvos a achegarvos e descubrir estas pequenas marabillas, nas que ciencia e arte se unen para darlle vida ao mundo microscópico das células.

📚 ¡Non deixedes de visitar a exposición… seguro que vos sorprenderá!




martes, 7 de outubro de 2025

💻 A NOSA BIBLIOTECA TAMÉN É DIXITAL! 📚

A plataforma de préstamo dixital E-LBE.2 procura ampliar as experiencias lectoras da comunidade educativa a través da lectura dixital. Grazas a ela, poderedes acceder a unha ampla selección de libros en formato electrónico, perfectos para seguir gozando da lectura en calquera lugar.

Durante estes días, o alumnado de 1º e 2º de Primaria recibirá o seu usuario e contrasinal para poder acceder á plataforma. Así, os vosos fillos e fillas contarán cun novo recurso para mellorar a competencia lectora e consolidar os hábitos de lectura.
📖 O resto do alumnado xa dispón deste servizo e pode seguir utilizándoo con normalidade.

🔑 Recordamos a toda a comunidade educativa que, unha vez dispoñades das credenciais, debedes seguir os pasos indicados no seguinte Genially, que vos guiará de maneira sinxela nos vosos primeiros pasos dentro da plataforma:


Ademais dos libros dispoñibles na nosa biblioteca escolar, agora poderedes gozar dunha gran variedade de títulos dixitais, adaptados a todos os gustos e idades.

📚 Lembrade: ler é viaxar, aprender e soñar… tamén en dixital! 💫

luns, 6 de outubro de 2025

🌿RECORDAMOS A JANE GOODALL 🐒

 O 1 de outubro despedímonos dunha persoa moi especial: Jane Goodall, científica e amiga da natureza. Jane dedicou a súa vida a estudar aos chimpancés e a coidar o noso planeta, ensinándonos que cada ser vivo merece respecto e protección.

Grazas á súa curiosidade, paciencia e amor polos animais, coñecemos mellor aos chimpancés e aprendemos a importancia de coidar a natureza. O seu exemplo de ilusión, dedicación e agarimo polo mundo seguirá inspirándonos sempre. 🌎💚

Na nosa biblioteca, lembramos a Jane lendo e descubrindo as súas historias e traballos. Cada libro que abrimos é unha pequena homenaxe á súa vida e ao seu legado.



venres, 3 de outubro de 2025

📄 NOVA FICHA DE LECTURA DISPOÑIBLE PARA O ALUMNADO 🐮

Temos preparada unha ficha de lectura para traballar con nenos e nenas na aula, dispoñible en galego e en castelán.

A ficha está pensada para ser sinxela de utilizar e adaptable a diferentes niveis do alumnado. Podedes descargala, imprimir e distribuír aos vosos alumnos e alumnas para traballar en clase ou como tarefa de biblioteca.

🐮 Pepa: ler é unha aventura, e estas fichas axudan a vivila ao máximo!



mércores, 1 de outubro de 2025

NOVIDADES DE OUTUBRO.

Chega o mes de outubro cargado de sorpresas lectoras! A nosa biblioteca énchese de novidades que che farán soñar, rir, investigar e imaxinar sen límites. Hai historias misteriosas, contos cheos de humor, aventuras con realidade aumentada e libros que nos fan pensar e sentir.

Tanto se che gustan os libros ilustrados, os cómics ou as historias que fan voar a imaxinación, este mes atoparás algo que te atrapará dende a primeira páxina.

Pepa, a nosa vaca lectora, convida a todo o alumnado a achegarse e descubrir estas novas lecturas.
📖 Lembra: podes levalas en préstamo co teu carné ou desfrutalas no recuncho de lectura durante os recreos.

Ven descubrir as novidades de outubro…