Buscar neste blog

venres, 18 de setembro de 2026

🐮BUSCAMOS AXUDANTES DE BIBLIOTECA! 📚

 Muuu, muuuuu! 🐮💚

Ola, rapaces e rapazas!

Este curso teño unha misión moi importante para vós…

📚 Busco axudantes de biblioteca! 📚

Se vos gusta a biblioteca, os libros e colaborar para que todo estea preparado, esta pode ser a vosa oportunidade! 😊

Axudaredes a coidar os libros e o espazo, colaborar durante os recreos e botar unha man nas diferentes tarefas da biblioteca.

Se queredes formar parte do meu equipo presentade a vosa solicitude! 👀

Eu xa estou desexando coñecer os novos membros do meu equipo.

Animádesvos?

🐮💚 Vaca Pepa

martes, 15 de setembro de 2026

🐮HORARIO DA BIBLIOTECA 📚

Muuu, muuuuu! 🐮

Ola, rapaces, rapazas e profes!

Aquí tedes o horario da biblioteca para este curso. 📚

A biblioteca será un espazo para ler, aprender, compartir e gozar, tanto para o alumnado como para o profesorado.

E, profes, non esquezades que os ocos libres tamén son vosos! 😉

Se necesitades a biblioteca para unha actividade, unha lectura, un proxecto ou calquera outra proposta que xurda ao longo do curso, podédesvos aproveitar deses momentos nos que estea libre.

Porque a biblioteca é de todos e todas e queremos vela chea de vida durante todo o curso! 💚📖

Vémonos na biblioteca!

🐮 Vaca Pepa

venres, 11 de setembro de 2026

🐮 VACA PEPA XA ESTÁ DE VOLTA ! 📚

Muuu, muuuuu! 🐮💚

Boas, rapaces e rapazas!

Son eu, Vaca Pepa! Xa comezou un novo curso e estou moi contenta porque… a biblioteca volve abrir as súas portas!

Os libros xa están preparados, os xogos tamén e eu teño moitas ganas de volver vervos. 📚🎲

📖 Vémonos na biblioteca?

Durante os recreos, podedes vir á biblioteca para ler, xogar, descubrir libros ou simplemente pasar un bo anaco.

E lembrade que polas tardes, de martes a venres e de 16:00 a 18:00, a biblioteca tamén estará aberta para vós e para as vosas familias. 👨‍👩‍👧‍👦

E agora… unha cousiña importante! 👀

Este curso teredes que estar moi atentos e atentas ao blog da Vaca Pepa, porque aquí iremos contando as novidades e avisando de todas as actividades que se vaian preparando na biblioteca.

🤫 Hai cousas que xa están en marcha… 

pero aínda non vos podo contar nada!

Así que pasade por aquí de cando en vez para non perdervos ningunha novidade.

A biblioteca espéravos! 🐮💚📚

Muuu, muuuuu!

Vaca Pepa

luns, 15 de xuño de 2026

📚💜 GRAZAS, AXUDANTES DE BIBLIOTECA! 📚💜

Chega o final do curso e queremos dedicar unhas palabras moi especiais aos nosos axudantes de biblioteca, que ao longo destes meses colaboraron con ilusión, responsabilidade e moitas ganas de axudar. ✨

Grazas ao seu apoio, a biblioteca foi un espazo máis acolledor, organizado e dinámico para toda a comunidade educativa.  📖🤝

Pero, sobre todo, foron un exemplo de compromiso, compañeirismo e amor polos libros e pola lectura. 🌟

Desde a biblioteca queremos agradecerlles o seu tempo, a súa dedicación e a súa disposición para botar unha man sempre que foi necesario. O seu traballo, aínda que ás veces silencioso, foi moi importante para o funcionamento deste espazo que tanto nos gusta compartir.

💜 Moitas grazas por formar parte desta aventura lectora.

📚 Cada biblioteca necesita libros, pero tamén persoas especiais que a coiden. E vós fostes unha parte fundamental dela durante estes anos.

Agora comeza unha nova etapa no instituto e estamos seguros de que levaredes convosco moitas das experiencias vividas na nosa biblioteca. Desexámosvos moita sorte nesta nova aventura e que nunca perdades o gusto pola lectura, a curiosidade por aprender e o amor polos libros.

As portas da nosa biblioteca quedarán sempre abertas para vós. 🌟



mércores, 10 de xuño de 2026

🌞📚 UN VERÁN CHEO DE HISTORIAS! 🌞📚

Chegan as vacacións e, con elas, máis tempo para descansar, xogar... e tamén para gozar da lectura! ✨

Desde a biblioteca escolar preparamos unha selección de recomendacións lectoras para este verán, pensadas para acompañar ao alumnado en cada etapa lectora e axudarlle a descubrir novas historias, personaxes e aventuras.

Nesta guía atoparedes propostas para diferentes idades e intereses: 📖 novelas, 🎨 álbums ilustrados, 💬 cómics e 🌍 libros de información e consulta. Unha escolma variada para que cada lector e lectora atope o libro perfecto para estas vacacións.

A lectura é unha excelente compañeira de verán: permítenos viaxar sen saír da casa, vivir mil aventuras, aprender cousas novas e deixar voar a imaxinación. 🌊🏕️🚀

Animámosvos a  consultar as nosas recomendacións e escoller aquelas lecturas que máis vos apetezan. O importante non é canto se le, senón atopar historias que nos emocionen, nos fagan rir, pensar e soñar.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN 

💜 Bo verán e felices lecturas!
📚 Que non falten os libros na vosa mochila.

mércores, 3 de xuño de 2026

🏴‍☠️ DANIELA PIRATA CHEGA Á BIBLIOTECA! 📚✨

Esta semana, na hora de biblioteca, embarcámonos nunha divertida aventura da man de Daniela Pirata, unha protagonista valente, decidida e disposta a demostrar que pode ser unha gran pirata. ⚓🌊

A proposta comeza coa visualización do conto, que nos permite coñecer as aventuras de Daniela e reflexionar sobre valores como a igualdade, a confianza nunha mesma e a superación dos retos. 💜


Despois, poñemos a proba a nosa atención coas tarxetas preguntonas 🎴 e cun cuestionario sobre a historia, a través dos cales o alumnado pode recordar os momentos máis importantes do conto, responder preguntas sobre os personaxes e compartir as súas opinións sobre a aventura de Daniela. 🤔💬


TARJETAS DIDÁCTICAS DANIELA PIRATA 






Para rematar, cada neno e nena leva para a casa un pequeno recordo da actividade: unha versión da historia en formato cómic 🖍️📖, para revivir a aventura de Daniela e compartila coa familia.



Unha proposta chea de lectura, xogo e creatividade que converte a biblioteca nun auténtico barco pirata! 🏴‍☠️✨📚

A través das aventuras de Daniela, o alumnado reflexiona sobre a igualdade, a confianza nun mesmo, a perseveranza e a importancia de perseguir os propios soños sen deixar que os prexuízos marquen os límites. ✨🏴‍☠️📚

luns, 1 de xuño de 2026

📚 NOVIDADES DE XUÑO NA BIBLIOTECA ☀️🌴

Coa chegada do mes de xuño, a nosa biblioteca énchese de novas historias, aventuras, curiosidades e descubrimentos para acompañarnos neste final de curso. ✨

Xa están dispoñibles as novidades bibliográficas deste mes, unha selección de libros para todas as idades e intereses: contos, novelas, cómics, álbums ilustrados, libros informativos e moitas propostas para seguir desfrutando da lectura. 📖💜

Animamos a todo o alumnado a achegarse á biblioteca, explorar os andeis e descubrir novas lecturas para estas últimas semanas de clase e para as vacacións de verán que xa están á volta da esquina. 🌞📚