Buscar neste blog

venres, 31 de outubro de 2025

🤖🎃 A VACA PEPA CONVÍDATE A PROGRAMAR NO SAMAÍN!👻

Muuu boas, lectores e lectoras da biblioteca! 🐮

Son Pepa, a vosa vaca favorita, e traio unha novidade moi especial para celebrar o Samaín 🎃:
un xogo de programación con temática de medo, no que tedes que guiar ao Bee-Bot entre cabazas, pantasmas e bruxas… sen perder o camiño! 😱

Coa axuda das vosas ordes e moita concentración, poderedes levar ao pequeno robot ata o seu destino final. Pero ollo! Hai trampas e sustos polo camiño… 👾

Con este xogo imos aprender a programar, pensar con lóxica e traballar en equipo, todo mentres nos divertimos co Samaín.

🕹️ ¿Preparados para o reto?
Achegádevos á biblioteca e axudade a Pepa e ao Bee-Bot a escapar do labirinto máis embruxado!



E para quen queira un reto extra, tamén temos outro xogo no que un rato famento ten que chegar ao queixo esquivando cabazas 🎃🧀.
¡Un desafío perfecto para os que se atrevan a pensar e programar con moita precisión!





xoves, 30 de outubro de 2025

🎃👻 SAMAÍN: CABAZAS CHEAS DE CREATIVIDADE🎃👻

O Samaín chegou ao noso cole… e fíxoo por todo o alto! 🎉

O alumnado, xunto coas súas familias, realizou un incrible traballo na elaboración das cabazas, enchendo os espazos de cor, imaxinación e moito espírito festivo.

🎃 Cabazas terroríficas, divertidas, orixinais…
✨ Un verdadeiro derroche de creatividade que non deixou a ninguén indiferente.

🐮✨ Desde a biblioteca queremos agradecer a participación e o esforzo de todos e todas, que fixeron desta actividade un momento tan especial.

Porque cando traballamos xuntos… ¡o resultado é espectacular! 👏🎃



🎃 UN SAMAÍN CHEO DE MAXIA NA BIBLIOTECA! 👻

Durante esta semana, a nosa biblioteca encheuse de risas, sustos e moita creatividade! 🕷️

Os talleres de marcapáxinas, contacontos, origami e historias en inglés tiveron unha participación fantástica, e queremos darvos as grazas a todos e todas por formar parte deste Samaín tan especial. 💀✨

Foi unha semana chea de momentos divertidos e de moita ilusión lectora.


📸 Aquí vos deixamos unha pequena mostra de fotografías para que revivades estes días tan máxicos.



🎃 Grazas por participar e facer da biblioteca un lugar cheo de vida e maxia!

🧪 AS APÓCEMAS MÁIS MÁXICAS DE SAMAÍN! 🎃

 O alumnado de 6º de Primaria puxo a traballar a súa imaxinación e... 💫 creou unhas apócemas moi especiais!

Entre caldeiros, ingredientes misteriosos e moita creatividade, elaboraron receitas cheas de maxia, humor e misterio, inspiradas no Samaín. 

Haberá apócemas para rir, para voar, para facer desaparecer o medo… e mesmo algunha para aprobar exames? 😜

Se queredes descubrir o resultado deste traballo tan creativo, podedes ler todas as apócemas no andar situado ao lado das aulas de sexto.

Non perdades a oportunidade de mergullarvos nestas lecturas embruxadas que seguro vos encantarán! 🧙‍♀️📚✨



xoves, 23 de outubro de 2025

🌍 O ATLAS DOS MONSTROS E PANTASMAS DO MUNDO 👻

Comezamos o viaxe polos continentes dende a nosa biblioteca… pero facémolo dunha maneira moi especial: a través dos monstros e pantasmas máis curiosos do planeta! 😱



O libro O atlas dos monstros e pantasmas do mundo (VV Kids) está cheo de historias divertidas, ilustracións incribles e criaturas sorprendentes. Está pensado para nenos e nenas a partir dos 6 anos, e nas súas 96 páxinas poderás coñecer monstros, espíritos e pantasmas de todos os recunchos do mundo.

👺 Europa, 🌍 África, 💀 Asia, 👻 América… cada continente agocha seres máxicos e lendas cheas de misterio!
E non te preocupes… as ilustracións son tan graciosas que non dan medo, dan ganas de rir!

Con este libro aprenderás:
✨ Historia e cultura dos pobos.
✨ A diferenza entre mitos, lendas e realidades.
✨ Xeografía e curiosidades do mundo.
✨ A rir mentres vencemos os medos.

Atréveste a converterte nun cazador ou cazadora de monstros?
Pepa xa ten o seu mapa preparado… e ti? 🐮📖🌏

🎃 SEMANA DE SAMAÍN NA BIBLIOTECA 👻

 Chega o Samaín á nosa biblioteca e con el… unha chea de actividades para pasalo de medo! 😱

Durante os recreos da semana que ven, poderedes participar en distintos obradoiros e xogos: marcapáxinas, contacontos, origami e pequenas historias en inglés.

Cada día haberá unha actividade diferente, así que non esquezas mirar o noso cartel informativo e escoller a túa favorita.
👉 Lembra que o aforo é limitado, así que chega axiña se queres participar!

Ven celebrar o Samaín connosco na biblioteca…
Prometemos sustos, risas e moita maxia lectora! ✨





mércores, 22 de outubro de 2025

👻 CREA O TEU PERSONAXE MÁIS TERRORÍFICO! 🎃

Esta semana, durante a vosa hora de biblioteca, convidámosvos a participar nunha actividade arrepiantemente divertida.

Leredes unha breve historia na que aparecen diferentes personaxes do Samaín e, a partir da súa descrición, deberedes debuxar como imaxinades a cada un. 🕯️✏️

Os debuxos máis terroríficos e orixinais serán expostos na biblioteca ou nalgún recuncho do cole, para que todos poidamos gozar desta exposición de medo e imaxinación.

Preparade os lapis, a creatividade… e moito valor! 💀