Durante este mes de xaneiro fixemos unha actividade de centro onde os alumnos/as intentaron identificar os diferentes virus que se dan no noso cole e na sociedade (pelexas, insultos, trampas nos xogos, discriminacións,...), despois déronlle forma e vida a eses virus mediante creacións artísticas e por último fabricaron as vacinas para erradicar os virus do noso arredor (apertas, diálogo, xogo limpo, respecto,...).
Todo este proxecto estivo exposto nas entradas dos coles en grandes murais.
Un saúdo, A Vaca Pepa
Ningún comentario:
Publicar un comentario