Buscar neste blog

xoves, 27 de outubro de 2022

AXUDA A VACA PEPA NESTE SAMAÍN.

 Neste Samaín tes que axudar á Vaca  Pepa nunha tenebrosa aventura.

O malvado bruxo Bandaseco encerrou aos compañeiros que estaban na biblioteca! 

Ao bruxo non lle gustan os libros, pero tampouco quere que os nenos/as do noso colexio gocen da lectura e coñezan miles de aventuras que podemos atopar nos nosos libros.

Quere converter o noso colexio nun auténtico escenario digno de Samaín... ESCURO E SOMBRÍO

Temos que axudar á Vaca Pepa e aos nosos compañeiros. 

Ánimo!

Nós xuntos podemos!


Ningún comentario: