Hoxe tivemos unha charla moi interesante na Biblioteca: "Separación de resíduos no cole". Charla formativa sobre a correcta xestión dos residuos dirixida ao noso alumnado.
Preténdese así concienciar dende idades temperás sobre a importancia da separación na orixe e como facer unha óptima reciclaxe: que depositar no contedor xenérico, no de envases lixeiros, no de papel e cartón, e no de vidro.
Estes coloquios impartiunos persoal especializado de Ventos Estudos Ambientais, coa colaboración da Urbaser. Organizado pola concelleria do Medio Ambiente do Concello da Pobra.
Moi relacionado co proxecto de medio ambiente que temos este ano e co reto deste mes: "As raíces do vidro". Xa sabedes que neste curso escolar queremos traballar co noso alumnado e as familias nun consumo responsable, sostible e respectuoso co medio ambiente.
Un saúdo, Vaca Pepa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario