Desde a biblioteca empezamos un curso relacionado co lettering.
"LETRAS CON MAXIA"
O lettering é a arte de debuxar letras a man de forma creativa e está indicado tanto para adultos como para nenos.
O primeiro que hai que saber para entender o que é o lettering é que non se trata de caligrafía (escribir letras de forma correcta) nin tampouco de tipografía (deseñar distintos tipos de letras).
O lettering é unha forma de debuxar e de crear un abecedario propio pero facendo uso das letras, debuxándoas de maneira creativa. Para empezar, non é necesario ter unha ‘boa letra’ para facer lettering (xa que as propias letras poden considerarse formas a debuxar), só hai que ter paciencia, contar co material adecuado e botar man da imaxinación xa que é unha técnica que se aprende aos poucos.
Tamén é importante coñecer unha das súas regras básicas á hora de poñerse a debuxar, que está relacionada co trazado: cando se debuxa cara arriba, o trazo debe ser fino, e cando se fai cara abaixo debe ser groso: para iso, o único que hai que facer é aplicar maior presión no momento de realizalo.
Realizarase en dous recreos semanais (luns e mércores) e estará dirixido soamente ao alumnado de 6º debido á gran participación (entre 20 e 24 alumnos/as). Xa que son moitos alumnos para o pouco tempo do que dispoñemos 25-30 minutos cada día.
Un saúdo, A Vaca Pepa
Ningún comentario:
Publicar un comentario