Buscar neste blog

martes, 21 de novembro de 2023

EXPOSICIÓN BANDA DESEÑADA. 21/11- 1/12

Este ano queremos poñer o foco en todas as posibilidades que á banda deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular.

Durante estas semanas teremos na nosa biblioteca unha exposición de Banda Deseñada grazas á Maleta que nos proporciona bibliotecas escolares.

A presenza da Maleta na biblioteca do centro serviranos para: 

  • Reforzar actividades sobre cómic ou banda deseñada.
  • Estimular a lectura de cómics de calidade entre os membros da comunidade educativa. 
  • Dar pé a unha exposición de cómics e novelas gráficas, de distintos estilos.
  • Converter a banda deseñada nun xénero protagonista durante unha tempada.
  • Solicitar á biblioteca aqueles fondos que lles interesen despois de gozar da exposición.
Aquí tedes a información dos libros que forman parte da esposición: (clica na maleta)


Aquí podédes ver a exposición na nosa biblioteca:






Un saúdo, A Vaca Pepa

Ningún comentario: