Buscar neste blog

domingo, 21 de xaneiro de 2024

LECTURAS PARA A PAZ E A NON VIOLENCIA

Desde a Biblioteca da Vaca  Pepa presentámosvos unha selección de lecturas que dan pé a reflexionar sobre actitudes positivas capaces de transformar a aula, o centro, a familia, o barrio, o mundo…
 A lectura pode ser a inspiración necesaria para crear espazos de convivencia onde todos teñamos cabida, onde todos teñamos nosos propios soños e, moito máis aínda, onde eses soños se cumpran.

POR QUE?

Resultado de imagen de POR QUE KALANDRAKA


Fronte á barbarie da guerra, un libro visual que alenta aos lectores a seren promotores do diálogo, da tolerancia, da convivencia e da paz.

AMANI

Resultado de imagen de AMANI CUENTO PORTADA

Tras o  hipopótamo  Amani, que en  swahili significa pacífico, escóndense "" mensaxes actuais sobre a paz, así como sobre a necesidade da boa convivencia, así como o tema dos malos tratos, o acoso dos homes ás mulleres. "Un das mensaxes do libro é que hai outra forma de ser home".

VALENTINO

Resultado de imagen de VALENTINO OQO
Un rei poderoso, amante da caza e das armas, agarda impaciente o momento en que o seu fillo ocupe o trono; pero Valentino, un príncipe bondadoso e intelixente, ve o mundo doutro xeito, e non se adapta ás expectativas do pai, nin aos estereotipos do heroe: é inimigo da caza, rexeita as armas e a idea da guerra faino tremer.

O HOMIÑO VESTIDO DE GRIS

o homiño vestido de gris e outros contos (gallego)-fernando alonso-9788484648901
Un hominño grisáceo, un espantallo bailarín, un bosque pétreo... ata oito relatos neste clásico co que reflexionar sobre a liberdade e a xustiza, a felicidade e os soños, a igualdade e a tolerancia.

                               E QUE PODO FACER EU?

Resultado de imagen de e que podo facer eu


O señor Xe le as noticias do xornal e o corpo éncheselle de preocupacións. A cada momento pregúntase: E que podo facer eu? Un día atopa unha resposta; outro día, outra; e outra máis…

A MÁSCARA DO LEÓN

Resultado de imagen de A MÁSCARA DO LEÓN

Unha noite, Papá León foi visitar o picapau e encargoulle unha máscara lixeira como unha pluma,
fría como o odio e vermella como a ira.

A HISTORIA DE FERDINANDO

Resultado de imagen de A HISTORIA DE FERDINANDO

Un clásico de 1936 referente do pacifismo a nivel mundial e a prol do naturalismo; censurado por uns, encomiado por outros e premiado.

É RARA MAKEKE?

E rara Makeke

Unha formiga chamada Makeke vive feliz coas súas compañeiras no deserto, pero un día de treboada, por efecto do vento, é transportada a un lugar moi afastado onde sofre a discriminación e o desprezo dos seus habitantes.

CINCO HORAS CON MAURO

CINCO HORAS CON MAURO: TOBARUELA, PERE
Mauro estaba farto de que catro compañeiros de clase lle fixeran a vida imposible. E dediciu solucionalo á súa maneira. Nunca antes estivera tan convencido de botar un plan adiante. Faríao pasase o que pasase. Por iso aquela tarde sería diferente. Aínda que a Mauro non lle pasara pola a cabeza que puidese chegar a selo tanto. ―Pensaba que isto só pasaba nos libros, nas pelis ou nos videoxogos –dixo en voz alta.

A FUXIDA

A FUXIDA

A Fuxida é “unha historia sobre a guerra escrita para nenos e nenas que fan preguntas, para os que se interrogan sobre o que acontece. Mais tamén é a historia dunha aventura, a da nena Nadia e a da súa familia, que teñen que fuxir e deixar atrás o seu mundo. E, sobre todo, a dos que nunca se renden, a dos que reconstrúen un lugar onde ser felices de novo porque saben que o importante é estaren xuntos, porque coñecen o segredo da ilusión e son capaces de comezar outra vez”

EL ÁRBOL DE LA AMISTAD

EL ÁRBOL DE LA AMISTAD

As palabras feas que nos dicimos cando estamos enfadados ou  rabiosos abren unha greta cada vez máis grande entre nós.
Neste álbum descubrirás que a amizade é como unha árbore máxica e preciosa que só crece se se rega con agarimo e amabilidade cara aos outros.

SOMOS AMABLES


Os pequenos protagonistas deste libro aprenden o importante que é ser amables cos demais: esperar a nosa quenda con paciencia, saudar, dar as grazas...

CON LOCURA

Unha historia de amizade, lealdade e respecto incondicional. Un relato para fomentar a igualdade entre semellantes.

EL LIBRO DE LA PAZ

libros infantiles y juveniles para educar en la paz: el libro de la paz

Un libro moi colorido onde se repasan todas as cousas, accións e situacións que poden describirse como Paz. 
Achega esta palabra á  cotidianidad dos nenos e nenas: "Paz é facer novos amigos"; "Paz é pedir perdón cando fixeches dano a alguén", "Paz é manter as rúas limpas"; "Paz é aprender outros idiomas"; "Paz é ser diferente, estar ben cun mesmo e axudar aos outros"; etc.

TE QUEREMOS MAURO


Mauro sempre está disposto a botar unha man. Un día el tamén se ve necesitado dun mellor amigo. Non tardará  en comprobar que o que dá, sempre recibe.

UNO Y SIETE


libros infantiles y juveniles para educar en la paz: uno y siete

Unha historia sinxela e directa, que nos fala da paz e a convivencia, do pouco que nos diferencia e o moito que compartimos.

EL CIELO DE AFGANISTÁN

libros infantiles y juveniles para educar en la paz: le cielo de afganistán

Unha nena afgá soña, soña que no seu país reine a paz para sempre. E o seu soño elévase como unha cometa e chega a todas partes, pois todos, como ela, soñan o mesmo. 

Cun texto cheo de esperanza e unhas ilustracións conmovedoras, este libro é un canto á paz e un berro á tolerancia e a solidariedade.

CAMILA UNA IGUANA EXTRANJERA


Os animais do bosque acollen á iguana como un dos seus. Un fermoso conto sobre a emigración.

LOS NIÑOS NO QUIEREN LA GUERRA

libros infantiles y juveniles para educar en la paz: los niños no quieren la guerra

Dous reis veciños son moi amigos e viven en paz e harmonía. Ata que un día uno deles atopa unha escusa absurda para empezar unha guerra.
Un libro para explicar o absurdo das guerras.

NEGROS Y BLANCOS

libros infantiles y juveniles para educar en la paz: Negros y blancos

O libro cóntanos que antigamente todos os elefantes do mundo eran negros ou brancos, e que se odiaban entre si. Este odio foi crecendo ata que un día declaráronse a guerra.
Podemos reflexionar cos nenos/ as e este libro: o racismo, a tolerancia, a paz, as diferenzas e a necesidade de lembrar o pasado para non cometer os mesmos erros. 

PACO Y ÁLVARO SE PELEAN


Dous amigos peléxanse por algo sen importancia. Un libro para aprender a ceder e a escoitar. E para lembrar que falando enténdese a xente.

EL CANDADO DE ORO.


Ás veces esquecemos que hai cousas que son doutros. E se envexamos algo do que teñen, convén pedilo prestado e «por favor». 

EL CARTERO QUE SE CONVIRTIÓ EN CARTA


Para falar aos nenos de como se vive noutros lugares, das necesidades de paz que teñen ou do beneficioso que é vivir nun país democrático.

EL MONSTRUO PELUDO


Para responder a unha agresión, o menos oportuno é a violencia. Este conto móstranos que usar a palabra resulta máis efectivo.

FARID Y EL GATO NEGRO


En moitos países non se respectan os dereitos universais do neno. O traballo infantil, por exemplo, é común. Así ocorre en Paquistán, onde vive  Farid.

EL GRITO DE LA GRULLA


Unha novela sobre o despropósito das guerras. A historia dun neno xaponés, fillo de militar, nos días previos ao lanzamento da bomba atómica en  Nagasaki. 

EL ÚLTIMO GUARDIÁN


Unha carta leva a dous amigos a investigar o desembarco dun barco alemán en Galicia na Segunda Guerra Mundial.

Un saúdo, A Vaca Pepa

Ningún comentario: