Para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller, a Concellería de Igualdade da Pobra agasallounos cunha actividade centrada na importancia da muller no eido deportivo, a través da historia e do momento actual.
Esta actividade foi dirixida ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria
CRISTY LOJO
Cristy é un prodixio no mundo do kárate, sendo aos seus 23 aniños unha flamante terceiro dan, converténdose así na galega máis nova en conseguir semellante logro. É así mesmo a primeira galega en conseguir o título de Xuíz Nacional, e a máis nova de España.
Aos seus 32 anos, acabaría proclamándose Campioa de Europa de parakárate na súa modalidade. Pero, máis aló da súa historia de evolución persoal, a deportista converteuse en mestra para moitas outras mulleres, ás que ensina a combater as violencias de xénero.
Leva moitos anos no deporte como competidora, árbitra, profesora de kárate e autodefensa e tamén directora do seu propio club, o Avalon Kai. A escola foi creada no 2011, en Santiago.
Sobre a cantidade de títulos que ten, é sincera: «A verdade é que non o sei. Perdín a conta nos 70 títulos. E non se cantas medallas terei. Pero, son bastantes».
Un saúdo, A Vaca Pepa
Ningún comentario:
Publicar un comentario