Buscar neste blog

luns, 16 de setembro de 2024

IV ANDAINA POLO DÍA DO ALZHEIMER. OS CAMIÑOS DA MEMORIA.

O día 20 de setembro teremos unha actividade xunto cos nosos maiores para celebrar o Día Mundial do Alzheimer.
O alumnado de primaria do CEPP Salustiano Rey Eiras poderá acompañar aos nosos maiores nunha pequena andaina. 

Desde a biblioteca queremos achegar diferentes contos que nos axuden a entender esta enfermidade, sobre a perda de memoria, o que conleva e como podemos axudar.




Un saúdo, Vaca Pepa.

CONVOCATORIA AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Xa temos aquí a convocatoria para cubrir as vacantes dos axudantes de biblioteca. Sinalar que todo o alumnado de sexto que presente a solicitude será incluído nos equipos de axudantes. Entrega de solicitudes ata o 20 de setembro.

Esperamos que gocen deste posto e que vivan o mundo da biblioteca con ilusión e agarimo.



Un saúdo, Vaca Pepa.

BIBLIOTECA ESCOLAR, A ESCENA!




O cartaz que acompañará as bibliotecas escolares de Galicia neste curso  "Representa unha obra teatral do poema de Xohana Torres "Eu tamén navegar", no que Penélope (da Odisea) deixa o tapiz que traballa e desfai e sae a vivir aventuras. Despois ao regreso remata o tapiz engadíndolle novos elementos da súa viaxe (o tapiz que hai detrás da nena que está a leer a obra teatral)" segundo indica a súa autora, a ilustradora e muralista Xoana Almar. 

 

Unha imaxe enraizada no cartelismo galego que abre as portas a traballar o teatro en todas as súas variantes. As nosas bibliotecas escolares saen a escena para ler, interpretar, radiar, escribir e gozar co TEATRO.

Un saúdo, A Vaca Pepa

mércores, 11 de setembro de 2024

BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO ESCOLAR!

Queridas familias:

Xa estamos de volta!!

Estamos moi contentos/as de darvos a benvida a este novo curso 2024-2025.

Abrimos as nosas portas para recibir aos nosos peques e comezar unha nova aventura, chea de retos, aprendizaxes e moita moita diversión!!

Durante o mes de setembro a Biblioteca estará aberta para poder gozar de numerosas lecturas nos nosos momentos de lecer.

Estades listos/as?.. Comezamos!!

Un saúdo, A Vaca Pepa.