Dentro da programación cultural semanal organizada polo Concello polo Día de Rosalía de Castro, celebrouse un acto no que asistiron 140 alumnos e alumnas dos colexios CEP Plurilingüe Pilar Maestú Sierra e CEP Plurilingüe Salustiano Rey Eiras.
Durante a cita, o alumnado puido disfrutar de:
- Unha actuación musical do grupo 🎤 Xiada – A Pobra do Caramiñal
- Recitais de poesía a cargo do propio alumnado de primaria ✍️
- O tradicional reparto do “caldo de gloria”, compartindo un momento festivo 🍲
Unha mañá que destacou por promover a lectura, a cultura e a participación dos máis pequenos dentro dunha programación cultural do Concello. 💫

Ningún comentario:
Publicar un comentario