Buscar neste blog

sábado, 1 de febreiro de 2020

EXPOSICIÓN DE POESÍA. "POEMAS AMIGOS"

Este mes temos unha exposición para achegar aos nenos/as á poesía.
Son moitas as razóns polas cales a poesía infantil é importante para os/as pequenos/as lectores/as. A poesía motiva aos nenos/as para ler, crea conciencia  fonémica e desenvolve habilidades fundamentais como vocabulario, fluidez, expresión e escritura.
Os poemas son tamén unha ferramenta ideal para o manexo das emocións; a poesía axuda aos nenos/as a comprenderse a si mesmos/as e aos demais, cultivando calidades valiosas como a empatía e compaixón.





Esta exposición tamén lles facilitará a consulta de poemas para que poidan atopar ideas para as súas mensaxes ou rechouchíos.

Un saúdo, A Vaca Pepa.

RECHOUCHÍOS DE AMOR.

Colaborando estreitamente co equipo de Dinamización da  Lingua  Galega no fomento do galego e co obxectivo de dinamizar a poesía na biblioteca, realizaremos unha actividade chamada "RECHOUCHÍOS DE AMOR".
Esta actividade levarase a cabo entre os días 2 de febreiro "Día da Candeloria" ata o 14 de febreiro "Día de San Valentín".
Nela animámosvos  a que fagades  "rechouchíos de amor": enviedes mensaxes de amor, amizade, agarimo,... en forma de poesías, cancións a todas as persoas que queirades.
Teremos na Biblioteca un  recuncho (muro) onde poderedes publicar as vosas mensaxes. Podedes recoller na Biblioteca o modelo da mensaxe e decorala ao voso gusto. Tedes que sinalar á persoa a quen vai dirixida e éstas poderán ser asinadas polo autor/a da mensaxe ou non.




Podedes atopar máis información no Blog de Caramiña:

Clica na imaxe

Un saúdo, A Vaca Pepa




NOVIDADES DE FEBREIRO.

Como todos os meses presentamos as novidades da Biblioteca, dos últimos fondos rexistrados.
Este mes temos como novidades unha variedade de xogos de mesa que adquirimos para Biblioteca Inclusiva.
Durante as dúas primeiras semanas de febreiro un grupo de profesores ensinarán o desenvolvemento dos xogos aos alumnos/as do colexio para favorecer o desenvolvemento autónomo dos mesmos nos recreos, xa que poderán ser utilizados na biblioteca.
Como motivo desta actividade ampliamos o espazo da biblioteca para poder favorecer as distintas actividades que se dan nos tempos de lecer.



Un saúdo, A Vaca Pepa

PEACE DAY 2020

MIRA O ALBUM DE FOTOS DO DÍA DA PAZ PREMENDO NA IMAXE
Estes cartaces foron creados nas aulas de Artística.  Nas aulas de inglés aprendimos dúas cancións:
PRIDE, do grupo U2 e IT'S A BEAUTIFUL DAY, que cantamos con linguaxe de signos.


xoves, 30 de xaneiro de 2020

VACINAS PARA A PAZ E O BO TRATO.

Durante este mes de xaneiro fixemos unha actividade de centro onde os alumnos/as intentaron identificar os diferentes virus que se dan no noso cole e na sociedade (pelexas, insultos, trampas nos xogos, discriminacións,...), despois déronlle  forma e vida a eses virus mediante creacións artísticas e por último fabricaron as vacinas para erradicar os virus do noso arredor (apertas, diálogo, xogo limpo, respecto,...).
Todo este proxecto estivo exposto nas entradas dos coles en grandes murais.


Un saúdo, A Vaca Pepa

domingo, 19 de xaneiro de 2020

BAILEMOS TODOS XUNTOS POLA PAZ: DE FESTA!!!!

Que vos parece se bailamos un pouco e aprendemos esta canción de Uxía  Lambona e A Banda  Molona: "DE  FESTA" Canción relacionada cos temas que traballamos durante este mes pero que non deberiamos esquecer en ningún momento xa que a paz debémola construír todos os días.




Un saúdo, A Vaca Pepa



venres, 10 de xaneiro de 2020

EXPOSICIÓN DA PAZ

Aquí tedes algúns dos libros que poderedes atopar durante estas semanas nas mesas de exposición da nosa Biblioteca.
Esperamos que vos sexan de gran utilidade.
Lembrar que todos os libros expostos poden ser prestados en calquera momento.



Un saúdo, A Vaca Pepa