Buscar neste blog

xoves, 24 de outubro de 2019

FARSA ITALIANA DA NAMORADA DO REI



Os días 23 e 24 de outubro no Teatro ELMA, tiveron lugar catro sesións escénicas para o público escolar da obra “Farsa italiana da namorada do rei”, farsa sentimental e grotesca, escrita por Ramón del Valle-Inclán.

Cada outubro, na Casa Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal promoven diferentes eventos culturais para celebrar a efeméride do natalicio dun autor da literatura mundial como é don Ramón nas Terras Arousás.
Esta peza teatral está destinada ao público infantil. Pola súa calidade, os seus contidos e desenvolvemento escénico, fixo as delicias dos/as máis pequenos/s, aportándolles elementos útiles así para a súa educación así para o seu entretemento dende a cultura.
O espectáculo foi unha sesión con monicreques e marionetas a cargo da compañía de teatro Cachirulo, de Santiago de Compostela.
Levada ó galego, o seu argumento é entretido, un enredo de contidos infantís de cariños, amoríos  e travesuras, dende o estilo áxil e moderno do polifacético escritor, de duración dunha hora.











Ningún comentario: