Estas semanas nas que a biblioteca está pechada, ademais de ordenar a biblioteca e actualizar os fondos, temos aos alumnos/as de sexto realizando unha formación para poder ser os nosos axudantes durante este curso.
Estos alumnos/as traballarán voluntariamente na biblioteca na hora dos recreos.Que fan os axudantes de biblioteca?
- Colocan os libros, mantendo en orde os andeis.
- Separan e arranxan os libros estragados.
- Coidan a biblioteca, manténdoa en orde.
- Axúdante a atopar o libro que buscas.
- Recomendan lecturas a outros colegas ou nenos e nenas pequenos/as.
- Fan préstamos ás compañeiras e compañeiros.
- Axudan a decorar e preparar a biblioteca para actividades especiais…
Como vedes...son uns campións!
Ningún comentario:
Publicar un comentario