Buscar neste blog

martes, 1 de outubro de 2024

FORMACIÓN AXUDANTES DE BIBLIOTECA.

Nestas semanas teremos aos alumnos/as de sexto realizando unha formación para poder ser os nosos axudantes durante este curso. 

Estos alumnos/as traballarán voluntariamente na biblioteca na hora dos recreos.


QUE FAN OS AXUDANTES DA BIBLIOTECA? 

  • Colocan os libros, mantendo en orde os andeis.
  • Separan e arranxan os libros estragados.
  • Coidan a biblioteca, manténdoa en orde.
  • Axúdante a atopar o libro que buscas.
  • Recomendan lecturas a outros colegas ou nenos/as pequenos/as.
  • Fan préstamos e devolucións ás compañeiras e compañeiros.
  • Axudan a decorar e preparar a biblioteca para actividades especiais…

E ademais este ano algúns deles están dispostos a contarlles contos aos nenos/as máis pequenos.

Como vedes...son uns campións!

Un saúdo, Vaca Pepa

Ningún comentario: