O 22 de marzo celebramos o Día Mundial da Auga cunha actividade moi especial para o alumnado de 2º de primaria. 🌍💦
Desde Augas de Galicia, da depuradora de A Pobra, achegáronse ao cole para realizar un obradoiro práctico e divertido sobre a importancia de coidar o noso medio ambiente.
Durante a actividade, o alumnado aprendeu:
- Que acontece coas augas que vertemos no medio ambiente ♻️
- Como se depuran e se tratan para que volvan seguras á natureza 🏞️
- A importancia de ser responsables co uso da auga no día a día 💧
Unha experiencia moi interesante e educativa, que combina aprendizaxe e concienciación ambiental desde pequenos. 🌟

Ningún comentario:
Publicar un comentario