Na nosa biblioteca inauguramos unha exposición especial que vai encantar ao alumnado! 😍
Os nenos e nenas poderán descubrir:
- Nidos de todo tipo 🪺
- Ovos de diferentes aves 🥚
- Un microscopio para observar detalles moi de preto 🔬
-
E todos os libros da biblioteca relacionados coa búsqueda e a consulta sobre aves e natureza, como:
- O páxaro e o seu niño
- Inventario de aves
- O ovo
- Aves costeiras
- Páxaros: como observar e entender o marabilloso mundo dos páxaros 📚
Esta exposición busca despertar a curiosidade do alumnado, fomentar a búsqueda de información e relacionar a experiencia co momento do ano, cando a natureza e as aves están moi presentes. 🌱✨
Unha actividade práctica e educativa, perfecta para aprender xogando e descubrindo o mundo que nos rodea. 🐤

Ningún comentario:
Publicar un comentario