Muuu, muuuu! 🐮🎃
Este Samaín, na Biblioteca da Vaca Pepa, apagamos as luces, abrimos ben os ollos e… dámoslle ao play! 👀🍿
Este ano os contos de medo chegan á pantalla para que poidamos gozar deles dunha maneira diferente: converténdonos en espectadores e espectadoras do noso propio Cinema de Medo. 🎥🕷️
Cada clase poderá escoller entre diferentes contos narrados nas linguas do noso centro: galego, castelán e inglés. Unha oportunidade para escoitar historias arrepiantes, descubrir novas narracións e compartir a emoción cos compañeiros e compañeiras da aula.
📽️ Onde atopar todas as películas?
No noso Genially están reunidos todos os recursos para organizar estas sesións de cinema tan especiais.
🎃 Preparade as palomitas imaxinarias, acomodádevos ben e… que comece o cinema de medo!
Esperamos que gocedes moito desta experiencia… se os arrepíos vos deixan! 👻😱
Muuu, muuuu! 🐮🧡 Vaca Pepa

Ningún comentario:
Publicar un comentario