Muuu, muuuu! 🐮🕷️ Atréveste a participar?
O Samaín galego está cheo de misterio, tradicións e historias que poñen os pelos de punta! Non precisamos disfraces para dar medo… Só imaxinación, un pouco de maxia e moitas ganas de arrepiar! 🧙♀️
🎃 O 30 DE OUTUBRO chega o noso CONCURSO TENEBROSO!
Esta terrorífica proposta está organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, coa colaboración da Biblioteca e o Equipo de Extraescolares, para celebrar o Samaín e dar vida ás nosas historias máis arrepiantes en lingua galega.
🕸️ Que tes que facer?
Inventa unha historia de terror ou recupera algunha lenda ou tradición que coñezas. Só hai dúas condicións: ten que estar escrita en galego e provocar verdadeiro pavor! 👻
📝 Normas do concurso:
Presentación en folio.
Extensión máxima de dúas caras.
Traballo escrito e/ou debuxado a man.
Podes acompañar a túa historia cun debuxo arrepiante!
🏆 E o premio? Haberá un premio por ciclo para a historia ou o debuxo máis arrepiante.
Mouchos, curuxas, sapos e bruxas… 🦉🐸🧙♀️
En Bandaseca non faremos queimada, pero si conxuros, historias e moita maxia!
💀 Anímate a participar e demostra quen ten a imaxinación máis tenebrosa!

Ningún comentario:
Publicar un comentario