Buscar neste blog

xoves, 20 de outubro de 2022

FORMACIÓN DE USUARIOS. ALUMNOS/AS DE 1º

 O 18 e 20 de outubro realizamos unha actividade para a formación de usuarios co alumnado máis pequeno do centro.

Coñecemos as normas básicas para usar a biblioteca, vimos a historia de " Caramuñas" contada por uns nenos coma nós. Tamén vimos o conto "O oso que amaba os libros".

A  profe  Cova contounos algúns contos a medias para que  viñeramos a buscalos á biblioteca se queriamos coñecer o seu final, cantamos e bailamos coa vaca  Pepa,... 

Coñecimos algunhas adiviñas sobre contos.

Divertímonos  un montón!

Agora só nos queda vivir grandes aventuras que atoparemos escondidas nos libros da nosa biblioteca.



Un saúdo, Vaca Pepa.


martes, 18 de outubro de 2022

ECOBANDASEQUEIROS POLO BARBANZA. RETO 1.

Neste curso escolar queremos traballar co noso alumnado e as familias nun consumo responsable, sostible e respectuoso co medioambiente.

Levaremos a cabo actividades moi sinxelas pero moi importantes. Algunhas destas actividades serán RETOS para o noso alumnado.

Estades preparados?

Aquí tedes o primeiro reto que propón o Equipo de Medioambiente: Mostrar que accións realizamos parar ser cidadáns responsables co medioambiente.

Para levar a cabo o reto teremos que demostrar que no noso centro, na nosa casa, cos amigos... tomamos conciencia do alto valor que ten o vidro no impacto ambiental e os múltiples usos que lle podemos dar a ese material tan antigo.





LEMBRA: 

Podedes REUTILIZAR OU RECICLAR O VIDRO porque... 

“O TEU CONSUMO DEIXA PEGADA”

Hashtag: #RetoResponsables


APERTURA DA BIBLIOTECA

Ola a todos/as!

Queremos comunicarvos que a Biblioteca abre as súas portas o día 19 de outubro.

Lembrar que poderedes ir en diferentes momentos:

  • Acompañados dos vosos titores na hora de biblioteca.
  • Os alumnos/as de 1º e 2º nos recreos dos mércores e algúns luns.
  • Os alumnos/as de 3º e 4º nos recreos dos xoves e algúns luns.
  • Os alumnos/as de 5ºe 6º nos recreos dos martes e algúns luns.
  • Todos os alumnos/as polas tardes, de martes a venres, de 16:00 a 18:00. (Para o empréstito de libros, para a devolución de libros, consultas para traballos ...)

Esperámosvos a todos/as!


Un saúdo, A Vaca Pepa.


domingo, 16 de outubro de 2022

NORMAS E FUNCIONAMIENTO DA BIBLIOTECA.

Ola a todos/as!

Presentámosvos este genially para que poidades coñecer ou lembrar as normas da biblioteca e o seu funcionamento.


NORMAS DA BIBLIOTECA. A CANCIÓN DA VACA PEPA


Ola a todos/as!
A Vaca  Pepa ten moitas ganas de cantar e bailar. Aquí deixámosvos unha canción na que os nosos/as alumnos/as poderán lembrar algunhas das normas da nosa biblioteca.
Animarvos a escoitala! Ten un ritmo moi pegadizo.





Un saúdo, Vaca Pepa

xoves, 13 de outubro de 2022

CONVOCATORIA AXUDANTES DA BIBLIOTECA.

 


Xa temos aquí a convocatoria para cubrir as vacantes dos axudantes de biblioteca. Sinalar que todo o alumnado de sexto que presente a solicitude será incluído nos equipos de axudantes.

Esperamos que gocen deste posto e que vivan o mundo da biblioteca con ilusión e agarimo.

Un saúdo, Vaca Pepa.

luns, 3 de outubro de 2022

ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR.

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2022/2023. O lema elixido, ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR, quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar . A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.

 


A biblioteca escolar ofrece oportunidades e recursos para escribir e escribirnos:

- Escribir para saber, para aprender.

- Escribir para comunicar e comunicarnos.

- Escribir relatos, historias.

- Escribirnos, coñecernos a través da escrita: diarios, axendas,  biografía...

- Escribir xuntos en relatos colectivos, encadeados, libros viaxeiros, wikis…

- Escrita creativa: microrrelatos, haikus, collages, caligrafía…

- Escribir para deixar pegada e preservar a memoria individual e colectiva.

- Escribir para incluír e visibilizar.

- Traducir.

- Reescribir, versionar e adaptar.

- Escribir no audiovisual: guións, escaletas.

- Escribir para  estimular a creación.

 

Escribir para ser (lido), para que o lector e a lectora dea vida ao libro, ao escrito.