Buscar neste blog

domingo, 12 de febreiro de 2023

ECOBANDASEQUEIROS POLO BARBANZA. RETO 5.

ENTROIDO SOSTIBLE.

 Neste novo reto temos que aforrar enerxía reciclando e reutilizando distintos materiais para a elaboración  dos nosos desfraces de entroido.


Presume de ecoloxista no pasarrúas!
Un saúdo, A Vaca Pepa.


OS BOLECHAS NO ENTROIDO.

 O entroido é unha das festas máis tradicionais da nosa comunidade, con múltiples variantes segundo o lugar. E é tamén unha das preferidas polos máis novos, de aí a facilidade para aproveitar este interese e traballar múltiples aspectos formativos: historia, xeografía, tradición, valores, música, gastronomía, plástica…


CLICA NA IMAXE.


UNIDADE DIDÁCTICA.

Descarga a unidade didáctica sobre o Entroido para coñecer a orixe desta celebración e a súa evolución en cada zona ata os nosos días.

ACTIVIDADES.

Descarga o caderno de actividades e demostra o que sabes sobre o Entroido galego da forma máis divertida.


RECORTABLES.

Aquí podes descargar diverso material relacionado co carnaval e personalizalo. Un xeito divertido de vivir estas festas.
GASTRONOMÍA.

Descarga as fichas coas receitas e pratos máis típicos do Entroido en Galicia. Cal che gusta máis?


*** ACTIVIDADES RECOLLIDAS DA PÁXINA  https://osbolechas.gal/

Un saúdo, A Vaca Pepa

sábado, 11 de febreiro de 2023

DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES E AS NENAS NA CIENCIA.

 O Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, que se celebra cada ano o 11 de febreiro, foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr un acceso e participación pleno e equitativo na ciencia para mulleres e nenas, e tamén para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento de mulleres e nenas. 

Este Día recorda que as mulleres e as nenas xogan un papel fundamental nas comunidades científicas e tecnolóxicas e que a súa participación debe fortalecerse.


XOGO DE PISTAS... Pescudar a científica que se agocha detrás de cada información.



FICHAS INVESTIGACIÓN MULLERES CIENTÍFICAS.





Un saúdo, A Vaca Pepa.


xoves, 2 de febreiro de 2023

TEATRO CINE ELMA NO MES DE FEBREIRO.

O concello da nosa localidade inculca-la paixón polas artes escénicas dende idades temperás: este é o obxectivo marcado pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal cunha nova edición da mostra de teatro para escolares desenvolvida no mes de febreiro coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

 O noso alumnado acudirá ao cine Elma para disfrutar dunha obra de teatro adaptada as súas idades.



7 de febreiro, 1º e 2º: "4 monos". Tropa de trapo.
14 de febreiro, 6º: "Rila rila". Xarope Tulú.
16 de febreiro, 3º,4º e 5º: "Con area cousas debuxo". Marcos Escudero.


mércores, 1 de febreiro de 2023

AMANDA BLACK

 Este mes de febreiro temos entre as novidades a Amanda Black:

Amanda, o día en que cumpre 13 anos, descobre un gran secreto sobre a súa familia. Un secreto que lle cambiará toda a vida. É unha moza moi valente e moi intelixente que sempre está lista para unha nova aventura e para resolver calquera misterio.

Amanda Black necesita a túa axuda para atopar a Galería dos Segredos. 

Un saúdo, A Vaca Pepa


ECOBANDASEQUEIROS POLO BARBANZA. RETO 4

 RETO 4:" Educadores ambientais por un día"

Neste reto o alumnado contaralle aos seus pais/nais/ titores legais o que aprenderon sobre a exposición realizada no cole sobre PLANTAS EXÓTICAS INVASORAS e investigarán con eles se teñen algunha PEI preto da súa casa ou polos lugares por onde pasan camiñando... 

Unha vez localizada ou localizadas  as plantas exóticas invasoras sacaranlle unha foto e nola enviarán (co nome do lugar onde a atoparon e o curso ao que pertencen) ao correo: medioambiente@bandaseca.es para despois nós divulgalas no BLOG de Mediaoambiente Bandaseca e no Facebook do cole.

MOITÍSIMAS GRAZAS DE ANTEMÁN POLA VOSA COLABORACIÓN.





NOVIDADES MES DE FEBREIRO

Durante o mes de febreiro temos na biblioteca unha pequena exposición das derradeiras novidades que podemos levar a casa.

Se clicas na imaxe poderás velas.


Un saúdo, A Vaca Pepa.