Buscar neste blog

venres, 15 de marzo de 2024

PREMIOS DO CONSURSO DE ROSALÍA

Hoxe tivemos a entrega dos premios do xogo-concurso as sete Rosalías.


O xogo consiste en atopar varias siluetas recortadas coa forma de Galicia que conteñen no seu interior o rostro da intelectual acompañado de versos seus. Estas pezas expóñense nos escaparates de diversos establecementos locais da Pobra dende o día 11 ata o 25 de febreiro. O desafío reside en buscar nos escaparates dos locais do municipio as 7 versións diferentes da imaxe que ilustra o cartel, xa que non todas son iguais. Poden participar todos aqueles nenos e nenas pobrenses con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos que conten cun dos impresos repartidos nos colexios Salustiano Rey Eiras e Pilar Maestú Sierra.

Unha vez atopadas, será preciso anotar no folleto cal é esa diferenza e en que instalación se sitúa. De lograren supera-lo reto, deben entrega-los impresos debidamente cubertos cos datos requiridos nos centros de ensino xa mencionados.

Realizouse un sorteo de diversos agasallos entre tódolos cativos e cativas acertantes.

Noraboa aos que resultaron premiados co agasallo e grazas a todo alumnado e familias participantes .



Un saúdo, A Vaca Pepa


xoves, 14 de marzo de 2024

GRAZAS CRISTY!

O alumnado de 5º compartiu con nós un momento extraordinario que sucedeu o día da Charla con Cristy Tojo.

Decir ante todo, que tanto o alumnado como o profesorado quedamos abraiados coa súa personalidade, carisma e a facilidade de crear en nós unha mirada crítica ante situacións actuais que ás veces pasan por nós sin deixar pegada. 

Entre outras moitas cousas contounos que a ela e a outra compañeira, tamén con discapacidade, por gañar a medalla de ouro déronlle unha palmadiña no lombo. E polo mismo traballo, ao home sen descapacidade, pola medalla de ouro déronlle 9.000 euros.

Ante a pregunta de como poderiamos agradecerlle a súa visita, o alumnado dixo que merecía tamén os 9.000 euros. Polo que lle otorgaron un cheque por valor de 9.000 agradecementos.

Foi un xesto solidario, moi emotivo e precioso!



 

Un saúdo, A Vaca Pepa


mércores, 13 de marzo de 2024

CHARLA CON CRISTY LOJO

Para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller, a Concellería de Igualdade da Pobra agasallounos cunha actividade centrada na importancia da muller no eido deportivo, a través da historia e do momento actual.

Esta actividade foi dirixida ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria

CRISTY LOJO

 
Medallista internacional na modalidade de parakarate, que acumula 21 anos como docente de artes marciais en diferentes modalidades e 13 anos como facilitadora de autodefensa feminista.

Cristy é un prodixio no mundo do kárate, sendo aos seus 23 aniños unha flamante terceiro dan, converténdose así na galega máis nova en conseguir semellante logro. É así mesmo a primeira galega en conseguir o título de Xuíz Nacional, e a máis nova de España.
Aos seus 32 anos, acabaría proclamándose Campioa de Europa de parakárate na súa modalidade. Pero, máis aló da súa historia de evolución persoal, a deportista converteuse en mestra para moitas outras mulleres, ás que ensina a combater as violencias de xénero.
Leva moitos anos no deporte como competidora, árbitra, profesora de kárate e autodefensa e tamén directora do seu propio club, o Avalon Kai. A escola foi creada no 2011, en Santiago.
Sobre a cantidade de títulos que ten, é sincera: «A verdade é que non o sei. Perdín a conta nos 70 títulos. E non se cantas medallas terei. Pero, son bastantes». 

 


Un saúdo, A Vaca Pepa

 

mércores, 6 de marzo de 2024

PACO NOGUEIRAS. KALANDRAKA

Neste día, os nenos de 1º e 2º tivemos a visita de PACO NOGUEIRAS. 



Trouxo a maleta repleta de contos para compartir con nós.

Contamos e cantamos historias de animais, de bechos grandes e pequenos, dos que viven na selva, na casa e ata na escola!

Pasamos momentos marabillosos cheos de historias, cancións e emocións.

Aquí tedes unha pequena mostra desta aventura.



Un saúdo, A Vaca Pepa

E-LBE.2 8 DE MARZO. CELEBREMOS A DIVERSIDADE E A IGUALDADE!

Na plataforma E-LBE.2 ofrécennos unha selección de lecturas sobre a diversidade e a igualdade en relación ao 8M.

Esperamos que vos gusten.


Un saúdo, A Vaca Pepa.

venres, 1 de marzo de 2024

NOVIDADES DE MARZO

Durante o mes de marzo temos na biblioteca unha pequena exposición das derradeiras novidades que podemos levar a casa.

Se clicas na imaxe poderás velas.

Un saúdo, A Vaca Pepa

martes, 27 de febreiro de 2024

EXPOSICIÓN 8M.

Aquí tedes algúns dos libros que poderedes atopar durante estas semanas na exposición da nosa Biblioteca.

Esperamos que vos sexan de gran utilidade.

Lembrar que todos os libros expostos poden ser prestados en calquera momento.


Un saúdo, A Vaca Pepa.